Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 07/02/2017  ] Dimensións sociais do deporte/ Rexión de Wielkopolska (Polonia)

“Social dimensions of sport” é un proxecto para promover as calidades do deporte a través de eventos, actividades e intercambio de experiencias.

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Convocatoria

Redes de cidades 2017 - EACEA 36/2014

Solicitantes

A organización polaca Wielkopolski National Park Microregions Municipalities Association (WNPMMA).

Destinatarios

Son benvidos os socios dos Estados membros da UE e de países candidatos recoñecidos (República de Macedonia, Albania, Montenegro e Turquía).

Entre os socios pódese atopar:
- Cidades ou municipios.
- Autoridades locais ou rexionais.
- Organizacións non gobernamentais.
- Clubs deportivos.
- Outras organizacións dedicadas ao deporte, a recreación e o lecer activo.

Os socios deberían ter xa (ou solicitar ao seu debido tempo) un número PIC (Código de Identificación do Participante) no Portal de Participantes. 

Accións previstas

- Unha serie de 4-5 eventos para intercambiar experiencias entre persoas involucradas en actividades físicas, de lecer e deportivas.
- Os eventos consistirán en varios talleres, reunións, adestramentos e competicións.
- Tamén se está planeando un campionato en diferentes disciplinas deportivas como unha recapitulación do proxecto.

Prazo para a presentación de propostas

20/02/2017.

Información e punto de contacto

Tomasz Czubak
Tel.: +32 (0) 2 734 09 41

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante