Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 25/08/2016  ] (ART) Active Cities on the Ways (CitArctive) - Talking about the European identity on Francigena Way - Sutri (Italia)

Co proxecto “(ART) Active Cities on the Ways (CitArctive) - Talking about the European identity on Francigena Way” o concello de Sutri e os seus socios pretenden facer fronte aos novos desafíos presentes a escala europea. Este proxecto proporcionará a oportunidade de intercambiar diferentes puntos de vista e comprender diferentes realidades desde unha perspectiva compartida. CitArctive permitirá aos participantes involucrarse en redes cos seus compañeiros de diferentes países para, desta formar, gañar confianza en si mesmos. Fortalecerase o sentido da solidariedade entre as persoas mediante a intensificación da súa participación en actividades transnacionales, fomentarase o diálogo intercultural e promoverase a participación cidadá co fin de facilitar a comprensión da diversidade cultural europea.

Este proxecto pretende construír novas alianzas culturais e novas políticas de inclusión con base nos antigos camiños (Via Francigena, Camiño de Santiago e Via Egnatia). A benvida ao peregrino podería transformarse na benvida ao emigrante ou ao refuxiado. De feito, con CitActive o concello de Sutri e os seus socios pretenden fortalecer o espírito de tolerancia na poboación local para exceder as diferenzas lingüísticas, culturais, relixiosas ou de xénero para comezar e sentar as bases dun intercambio cultural e unha cooperación duradeira entre cidades.

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Convocatoria

Redes de Cidades - EACEA 36/2014

Solicitantes

Concello de Sutri (Italia)

Destinatarios

Autoridades e organizacións locais e rexionais, os comités de irmandamento, as organizacións europeas de investigación sobre política pública (foros de reflexión), as organizacións da sociedade civil e as organizacións culturais, xuvenís, de ensino e de investigación.

Obxectivos do proxecto

O proxecto ten o ambicioso obxectivo de responder a dúas preguntas importantes:
-Existe hoxe en día unha identidade europea cultural real?
-Como pode a cultura reforzar a noción de identidade europea?

Prazo para a presentación de propostas

01/09/2016

Información e punto de contacto

Federica Batocco
Comuni dei |Municipalities of Caprarola e Ronciglione (VT)
Rete do Servizio | Youth Information Service Network ?InformaGiovani 8+?
Provincia dei | Province of Viterbo
Email: ig.ronciglione@gmail.com
Mobile: +39 331 5978483
Skype: ig8plus
Google Talk: igronciglione

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante