Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 05/07/2016  ] Redes de cidades - Linköping (Suecia)

O municipio de Linköping está interesado en participar como socio nunha proposta de proxecto enmarcada no Programa Europa cos Cidadáns – 3.2.2 Redes de Cidades.

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Convocatoria

Redes de Cidades - EACEA 36/2014

Solicitantes

Departmento de Ocio e Cultura do concello de Linköping (Suecia)

Destinatarios

Busca socio líder.

Accións previstas

Linköping está interesada no intercambio de experiencias e coñecemento sobre como usar a participación cidadá e a súa implicación para promover a inclusión social e a integración, especialmente en relación ao seu desenvolvemento actual e a través do Centro Cultural da Comunidade.

Buscan socios interesados en incorporar e explorar a dimensión urbana desta cuestión. Posibles preguntas a ter en conta á hora de elaborar o proxecto poderían ser:
• Como traballan outras organizacións europeas con centros similares onde a cultura podería ser utilizada como unha ferramenta e unha plataforma para a inclusión e a integración?
• Como poderían apoiar as autoridades locais o desenvolvemento dos servizos e ofertar actividades nas que participen os grupos obxectivo e os usuarios?
• Como podería converterse o Centro nun punto de encontro para xente que vive noutras zonas, en orde de apoiar un diálogo intercultural e unha integración máis profunda?

Prazo para a presentación de propostas

01.09.2016

Información e punto de contacto

Daniel Wennerlund
E-mail: Daniel.wennerlund@potential12.se
Teléfono: +46 704 58 26 04
Web sobre Linköping: http://www.linkoping.se/international/english-engelska/about-linkoping/
Web sobre lecer e cultura en Linköping: http://www.linkoping.se/international/english-engelska/culture-and-leisure-kultur-och-fritid/

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante