Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 22/11/2017  ] Coast Line

A escola de Formacion Profesional de Bremen (Alemaña) quere formar parte do programa Erasmus + poñéndose en contacto con outras escolas de FP do Noroeste de España, dadas as similitudes destas dúas rexións en canto á súa actividade industrial e os cambios que esta sufriu nos últimos anos.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Acción clave 1: Graos de máster conxuntos Erasmus Mundus - EAC/A03/2016

Solicitantes

Technisches Bildungszentrum Mitte Bremen

Destinatarios

Outras escolas de FP no Noroeste de España
Industrias que queiran formar parte dos proxectos de mobilidade europea 

Obxectivos do proxecto

Poñer en contacto aos estudantes de Bremen con   os do noroeste de España, xerando un espazo no que poidan conversar e comprender os procesos polos que estiveron pasando as economías das súas rexións. 
Coñecer as condicións e procesos de traballo destas dúas Industrias tan conectadas e similares.
Establecer un contacto produtivo entre escolas e industrias de ambos os países que poidan ampliar os horizontes dos estudantes.
Coñecer outras culturas

Accións previstas

Contactar con outras escolas de FP en España
Visitar, durante dúas semanas, os principais enclaves industriais do Noroeste de España. Aprender sobre os procesos de traballo destas industrias. 
Recibir, se fose o caso, aos estudantes españois en Bremen.
Coñecer as condicións dos traballadores a través de contacto con sindicatos.

Prazo para a presentación de propostas

Contactar co solicitante

Información e punto de contacto

Technisches Bildungszentrum Mitte
Berufsbildende Schule für Elektro-, Fahrzeug- und Metalltechnik
An der Weserbahn 4
D 28195 Bremen
Sekretariat: +49 / (0) 421/361-16770   Fax: +49/ (0)421/ 361-3077
www.tbz-bremen.de 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante