Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 10/04/2017  ] Erasmus + INSPIRAR PAZ (INSPIRE PEACE)/Manresa City Council (España)

O proxecto centrase na educación para a paz. Mediante el, buscase
reducir o conflito e incrementar a cohesión social. Pretende
desenvolver un programa adaptado ás necesidades da xuventude,
combinando as mellores técnicas de educación emocional, educación
en valores, conciencia dun mesmo, educación de xénero e algúns
enfoques do yoga para promover a paz sostible e a cohesión social.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 do Programa Erasmus+ - EAC/A03/2016

Solicitantes

Concello de Manresa (Provincia de Barcelona)

Destinatarios

Socios doutros países.
Actualmente xa están como socios:

- De Cataluña:
Council: Manresa
Secondary School: IES Lluís de Peguera
Aura Ioga
Andamio Education

- De Reino Unido:
Teen Yoga Fundation
Secondary School: Ralph Allen
Council: Bath and Northeast Somerset

Agora precisase un terceiro socio para K2 dun terceiro país e dous socios mais doutros dous países para K3.

Obxectivos do proxecto

- Hai dous proxectos. Un KA205, sobre asociacións estratéxicas para a xuventude. O outro, KA3 sobre inclusión social a través da educación, a formación e a xuventude.
- O obxectivo de ambos proxectos é a Educación para a paz. Para elo conteñen un programa de ensinanza baseado no yoga, na relaxación, nas técnicas de respiración, na meditación e noutros enfoques adaptados á paz como son a educación emocional, a educación de valores, de xénero e a conciencia dun mesmo.
- Pretendese un intercambio de experiencias sobre o emprego da paz nos diferentes contextos dos socios.
- Os proxectos, centrados nos mozos e nos seus profesores, poranse a proba primeiro no contexto escolar e despois adaptado ao contexto municipal.

Accións previstas

Realizaranse dúas reunións supranacionais ao ano, durante os 36 meses de duración do proxecto. Unha reunión inicial, catro de coordinación e unha reunión final.

Tamén se realizarán:
- Dous seminarios, en Inglaterra, de entre 3 e 5 días
- Dous seminarios, en Cataluña, de entre 3 e 5 días
- Dous seminarios, nun terceiro ou cuarto país, de entre 3 e 5 días.

Prazo para a presentación de propostas

K2 26 de Abril do 2017
K3 22 de Mayo do 2017

Información e punto de contacto

Persoa de contacto: Mrs. Sònia Puyol
Correo: spuyol@ajmanresa.cat

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante