Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 22/02/2017  ] EQUATIC  “Un laboratorio de análise para alcanzar unha verdadeira igualdade de xénero no desenvolvemento de competicións deportivas” / Málaga (España)

Alcanzar unha verdadeira igualdade de xénero é unha das preocupacións actuais da nosa sociedade, e o deporte ten un papel sumamente importante xa que é un gran referente hoxe en día. Por isto, debe servir de exemplo e explotar ao máximo os efectos indirectos que pode ocasionar co fin de promover a igualdade de xénero e loitar contra os estereotipos sexuais.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 do Programa Erasmus+ - EAC/A03/2016

Solicitantes

Concello de Málaga
Federación andaluza de natación

Destinatarios

Organismos públicos rexionais ou organizacións sen ánimo de lucro activas no ámbito do deporte (Federacións rexionais, Clubs...) que poidan enviar unha delegación para competir no evento. Estas delegacións poderán participar en calquera das disciplinas acuáticas consideradas, sendo preferentes aquelas entidades que envíen equipos (sénior e o equilibrio entre mulleres e homes é un requisito esencial) para competir no maior número de disciplinas posibles.

Obxectivos do proxecto

- Organizar e celebrar un evento deportivo europeo sen ánimo de lucro en Málaga (España). 
 - Centrarase en deportes acuáticos.
 - Promover a máxima expresión da igualdade de xénero no deporte; isto conseguirase coa organización de competicións mixtas de equipos sénior (formados tanto por mulleres como por homes) procedentes de distintos países.  
- Explorar e probar os camiños que conducen ao desenvolvemento das competicións mixtas, con equipos formados por tantas mozas como mozos nun futuro non moi afastado.

Accións previstas

- As disciplinas concretas a desenvolver no evento deportivo europeo sen ánimo de lucro que se quere celebrar en Málaga (España) son: natación, waterpolo, natación sincronizada, natación en augas abertas e mergullo. 
- No evento haberá equipos sénior totalmente mesturados, formados polo mesmo número de mulleres que de homes, tanto atletas como adestradores e directivos que os acompañen, para todas as disciplinas e con carácter obrigatorio. 
- O evento durará 4 días e está previsto que se celebre na primeira quincena de setembro de 2018.

Prazo para a presentación de propostas

Data límite da convocatoria: 6 de abril de 2017 (12:00 horario de Bruxelas)
Data límite para recibir solicitudes de colaboración: 28 de febreiro de 2017.

Información e punto de contacto

A duración do proxecto é de 12 meses.
Persoa de Contacto: Santiago Reyes (ONECO Consulting)
Tel: +34 954 224 036

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante