Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 06/02/2017  ] Responsabilidade Social no Deporte Europeo/ Cádiz (España).

Este proxecto ten como meta o desenvolvemento, aplicación e intercambio de prácticas innovadoras na área da Responsabilidade Social no deporte.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 do Programa Erasmus+ - EAC/A03/2016

Solicitantes

Universidade de Cádiz, Concello de Cádiz, Universidade do Algarve.

Destinatarios

Centros Educativos e socios interesados en desenvolver e implementar políticas para educar e previr a violencia no deporte (universidades, entidades deportivas, consellos locais).

Obxectivos do proxecto

- Reducir a violencia no deporte mediante a implantación de políticas transversais.
- Crear redes para a implantación de políticas de responsabilidade social no deporte.

Accións previstas

- Activación transversal de políticas deseñadas para reducir a violencia no deporte
- Creación de talleres para o desenvolvemento e o intercambio de boas prácticas na organización do deporte sen violencia.
- A elaboración e aplicación dunha guía para a adquisición e avaliación de responsabilidades transversais a través do deporte.
- Solicitar o  ”Día da Responsabilidade Social no Deporte”.
- A elaboración de cuestionarios para avaliar a situación actual.
- Mantemento dunha páxina web para o proxecto, elaboración de material promocional e publicidade do programa en eventos.

Prazo para a presentación de propostas

15/02/2017

Información e punto de contacto

Rafael Rivas 
+34 956 016713 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante