Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 26/02/2016  ] Erasmus+ Asociación estratéxica na área da Educación Vocacional– Londres

Búscase unir ás autoridades locais, a entidades expertas en violencia de xénero e a educadores para desenvolver unha nova formación profesional nesta área.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2016 Programa Erasmus+ - EAC/A04/2015

Solicitantes

O Royal Borough of Kensington and Chelsea

Destinatarios

Procúranse organizacións que:

1)Non teñan a súa base no Reino Unido e que poidan ofrecer experiencia e coñecementos en materia de coordinación e construción de capacidade para organizacións que loitan contra a violencia de xénero e que estean interesadas en desenvolver actividades formativas nesa área.


2)Sexa unha organización gobernamental ou poida desenvolver relacións próximas con corpos gobernamentais relevantes (desexable).


3)Sexa financeiramente estable e elixible para recibir fondos da UE.


4)Teña experiencias recentes e/ou demostre habilidade para desenvolver proxectos europeos con socios.


5)Estea comprometida co traballo colaborativo co equipo do RBKC para desenvolver e preparar propostas.

Obxectivos do proxecto

O proxecto proporcionará unha formación sistemática a profesionais que traballen coas vítimas, de xeito que estas poidan recibir un apoio máis efectivo. Búscase tamén reunir ás autoridades locais, a socios expertos en violencia de xénero e a educadores, así como centrar os esforzos en desenvolver un curso de formación e compartir boas prácticas.

Accións previstas

O proxecto durará dous anos. No primeiro a atención centrarase no desenvolvemento do curso de formación e en compartir boas prácticas. O segundo ano implicará dirixir e ofrecer os contidos do curso. O proxecto profesionalizará a coordinación estratéxica das actuacións contra a violencia contra mulleres e nenas coa correspondente acreditación. Desenvolverase unha formación constante que será importante tanto a nivel nacional como internacional, resultando en que as vítimas obteñan un mellor, máis sistemático e efectivo apoio.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o mércores 9 de marzo de 2016

Información e punto de contacto

Iwona Wardach at: Iwona.w@accesseurope.org.uk

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante