Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 24/02/2016  ] ”Asociación contra a radicalización de mozos” - Francia

Este proxecto busca desenvolver un enfoque global da radicalización violenta na UE para previr a súa aparición e mellorar a protección dos cidadáns.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2016 Programa Erasmus+ - EAC/A04/2015

Solicitantes

Universidade de Toulouse 2 Jean Jaures - Laboratorio EFTS
Localizada en Toulouse, Languedoc Roussillon Midi-Pyrénées, Francia

Destinatarios

- Autoridades públicas a cargo da seguridade ou da educación
- Empresas que buscan solucións para seguridade global
- Centros de investigación implicados en impedir a radicalización

Obxectivos do proxecto

O proxecto ten por obxectivo xuntar a investigadores de diferentes campos e actores implicados en áeras de seguridade nacional, cultura, asuntos sociais e educación en orde de:
- Combinar os resultados de investigación con campos teóricos para proponer un consenso científico e analizar as diferencias teóricas, metodolóxicas e/ou éticas provenientes da creación dun consorcio interdisciplinario.
-Poñerse en contacto cos grupos de interese de investigación en orde de construír ferramentas colectivamente de descrición e avaliación dos enfoques existentes de loita contra a radicalización e a desradicalización.
- Establecer cooperación entre empresas, administracións e ministerios para introducir procesos e ferramentas que axuden a previr a radicalización xuvenil.

Accións previstas

1) Obter un consenso científico dos distintos procesos conducentes á radicalización da mocidade.
2) Medir a progresión da radicalización entre a mocidade europea e identificar as vítimas potenciais.
3) Determinar o proceso específico que se segue en internet e nas redes.
4) Avaliar a prevención e propoñer a forma de interceder nestes actos.

Prazo para a presentación de propostas

24.04.2016

Información e punto de contacto

Séraphin ALAVA, profesor Investigador Universitario en « UMR EFTS » Universidade de Toulouse Jean Jaurès
Teléfono : + (33) 5 61 50 42 82 ou 05 61 50 3993
Móbil : + (33) 6 30 74 90 03
Email : alava@univ-tlse2.fr ou seraphin.alava@gmail.com
Ficha en inglés: http://programasue.info/documentos/2016-TOULOUSE-02.pdf

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante