Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 07/11/2014  ] Procura de socios para un proxecto Erasmus+

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2015 — EAC/A04/2014 Programa Erasmus+

Solicitantes

Instituto Istruzione Superiore “Michele Amari” Giarre (Italia)

Destinatarios

Poden participar neste proxecto Institutos de Educación Secundaria que provean educación xeral, predominantemente cun currículo literario e histórico.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo principal deste proxecto é fomentar a cooperación para a innovación en boas prácticas relacionadas coa tradición, a cultura, a saúde e a educación.

Accións previstas

As actividades principais a desenvolver son:

• Fomentar o entendemento entre mocidade de diversas culturas, linguaxes e valores europeos a través do estudio das culturas dos demais.
• Aumentar a comunicación en inglés e linguas comúns entre estudantes e profesores.
• Destacar a importancia das linguas estranxeiras e motivalos para a súa aprendizaxe.
• Axudar aos mozos na adquisición de competencias básicas para a vida e para o seu desenvolvemento persoal, para o seu futuro traballo e a vida activa como cidadán europeo.
• Apoio ao desenvolvemento das TIC innovadoras, pedagoxías e prácticas para a aprendizaxe ao longo da vida.
• Fomentar a dimensión europea nas escolas e comunidades.
• Prover de oportunidades de aprendizaxe aos alumnos de todos os bagaxes sociais e culturais con diferentes capacidades.
• Traballar xuntos, comunicarse, atoparse, falar e intercambiar ideas.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 7 de xaneiro de 2015.

Información e punto de contacto

• Organizador:

Grazia Carota

grazia.carota@istruzione.it
grazia.carota@gmail.com

• Web:

http://www.iisamari.it/

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante