Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[   ] Unha oportunidade educativa para os mozos en risco de exclusión social - Polonia

O proxecto pretende axudar á formación de mozas en risco de exclusión mediante novos métodos de cooperación entre a educación formal (colexios) e non formal (ONGs).

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

Acción clave 3: Apoio á reforma das políticas - Iniciativas prospectivas Experimentacións de políticas europeas nos ámbitos da educación, a formación e a xuventude: cooperación transnacional para a aplicación de políticas innovadoras baixo o liderado de autoridades públicas de alto nivel(2014/C 51/08)

Solicitantes

Asociación Prol Ethica de Ruda Śląska (Polonia)

Destinatarios

• Institucións que traballen con mozos de entre 10 e 16 anos (educación formal e non formal) ou institucións vinculadas á educación dos mozos.
• Institucións con experiencia no desenvolvemento de habilidades (TIC, habilidades sociais, idiomas estranxeiros).
• Organizacións/institucións que representen aos países da UE: Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, España, Países Baixos, Irlands, Lituania, Luxemburgo, Letonia, Malta, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Suecia, Hungría, Gran Bretaña e Italia.
• Buscan 2 ó 3 socios.

Obxectivos do proxecto

1. Atopar unha fórmula para que a educación non formal apoie o desenvolvemento dos mozos que non encaixan no sistema de educación formal e atopar, testar e promover novos métodos nos que cooperen institucións educativas (escolas) con institucións de educación non formal (ONGs).
2. Desenvolver un método innovador para o desenvolvemento de habilidades clave na sociedade moderna entre mozas en risco de exclusión social (habilidades coas TIC, habilidades sociais ou habilidades no dominio de idiomas estranxeiros).
3. Probar, revisar, presentar como modelo e distribuír o método creado no proxecto, en formato papel e electrónico a través dunha película e unha páxina web.

Prazo para a presentación de propostas

 A data límite para presentar a proposta é o 1 de abril de 2016. Espérase seleccionar aos socios antes de Semana Santa e establecer o partenariado antes do 10 de marzo de 2016.

Información e punto de contacto

Se está interesado en presentarse como socio debe contactar coa coordinadora do proxecto, Anna Nawrot, enviando unha breve descrición do perfil da súa institución a anawrot@gmail.com . Teléfono móbil:+48 503142207
Páxina web de Asociación “Prol Ethica” www.proethica.pl

https://www.facebook.com/proethica?ref_type=bookmark
A duración do proxecto será do 01.09.2016 ao 31.01.2018

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante