Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 10/04/2014  ] Harmonización do Curriculum no ámbito de programas de FP téxtiles de acordo coas condicións do mercado de traballo

O Centro de Formación Profesional esloveno Bežigrad busca un centro de FP para formar unha ”asociación estratéxica” no sector téxtil (acción clave 2 de Erasmus +). En caso de resultar elixida, reciben unha subvención máxima de 100.000 euros ao ano para os tres socios que compoñan a asociación durante un máximo de tres anos.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

ERASMUS+ - Programa da Unión Europea para a Educación, a Formación, a Xuventude e o Deporte. 2014 - 2020

Solicitantes

Centro de Formación Profesional de Ljubljana (Eslovenia) (Secondary Vocational and Technical School Bežigrad)

Destinatarios

Un centro de FP para formar unha ”asociación estratéxica” no sector téxtil (acción clave 2 de Erasmus +).

A asociación estratéxica estará formada por 3 socios de 3 países.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo do proxecto é analizar e comparar os plans de estudo dos socios co fin de crear e poñer en marcha mellores programas de estudo co fin de reducir a brecha entre a educación e as necesidades do mercado laboral.

Desenvolverase un plan de acción para a nova posta en marcha dos plans de estudo no proceso educativo de cada socio, con especial énfase nos sistemas de control de calidade e o establecemento de canles de comunicación axeitadas entre os socios, así como para dar unha maior difusión ao proxecto.

Accións previstas

Retos e medidas a adoptar para solucionalos:

• Reducir a brecha entre a educación e o mercado de traballo: cooperación máis próxima, participación activa do mercado de traballo e dos interlocutores sociais no deseño do plan de estudos.
• Baixo recoñecemento da Formación Profesional: mellora da calidade, contido máis atractivo dos programas e métodos innovadores de ensino.
• Falta de experiencia práctica: énfase na asimilación de coñecementos e a aprendizaxe práctica.
• Recoñecemento de cualificacións: introdución de modelos de referencia EQF, ECVET, EQAVET.

Prazo para a presentación de propostas

20 Abril 2014

Información e punto de contacto

Anton Kokalj
anton.kokalj@gmail.com

Ptujska ulica 6, 1000 Ljubljana
Tel.: 01 280 53 00
Fax: 01 280 53 33
Email: info@spssb.si
www.spssb.si

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de Socios (767,65 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante