Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 12/03/2014  ] ERASMUS+, KEY ACTION 2 - SECTOR SKILLS ALLIANCES

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

ERASMUS+ - Programa da Unión Europea para a Educación, a Formación, a Xuventude e o Deporte. 2014 - 2020

Solicitantes

Líder: FETICO (Federación de Traballadores Independentes de Comercio) en España
Coordinador: IFI (Instituto de Formación Integral)

Destinatarios

FETICO procura socios que teñan os seguintes perfís:
1. Entidades públicas ou privadas que proporcionen educación vocacional e formación (VET polas súas siglas en inglés), como por exemplo:
- redes de institutos ou escolas de educación vocacional;
- centros de educación vocacional e formación
- centros de formación inter-empresarial
- empresas que conten con máis de 250 empregados e cun departamento de formación propio, e especialmente aquelas empresas que ofrezan contratos de formación ou aquelas que inclúan formación compartida (formación colaboradora);
- Institucións de educación superior que impartan esta educación vocacional e formación
2. Entidades públicas ou privadas que conten con experiencia e sexan relevantes en e para o sector comercial (a nivel rexional, nacional ou europeo), como:
- socios;
- asociacións europeas sectoriais ou profesionais de empregados ou empregadores;
- cámaras de comercio, industria ou artesanía;
- organismos culturais e creativos;
- organismos formativos;
- axencias de desenvolvemento económico;
- centros de investigación
3. Entidades públicas ou privadas cunha función regulatoria para sistemas educativos e formativos (a nivel local, rexional ou nacional), como:
- autoridades públicas de educación vocacional e formación;
- organismos de acreditación, certificación ou cualificación;
- organismos responsables do recoñecemento;
- organismos que proporcionen consellos profesionais e servizos de información

FETICO xa ten tres socios en España que se corresponden con cada un dos tres perfís descritos anteriormente, polo que:
- está procurando socios de todos os países da Unión Europea
- valorará moi positivamente aquelas propostas de socios nas que se involucre a tres socios do mesmo país e que correspondan a cada un dos tres perfís
- valorará moi positivamente a participación dunha organización sectorial europea ou dun socio social europeo

Obxectivos do proxecto

O sector do comercio é a principal fonte de emprego na Unión Europea e, por tanto, podería constituír parte da solución a esta crise, ao ofrecer oportunidades laborais aos mozos e así loitar contra a alta taxa de paro que lles afecta. Actualmente está a aumentar o número de empregos no sector do comercio e se calcula que en Europa hai uns 6 millóns de negocios directamente relacionados co comercio.
Sen embargo, o nivel de educación dos traballadores deste sector é un dos máis baixos e leva en ocasións a unha falta de profesionalidade e capacidade de reacción e liderato. Ademais, isto supón tamén unha falta de interese e atractivo por parte dos mozos, xa que a maioría non se plantexan traballar neste sector de maneira permanente, senón como algo transitorio mentres buscan un mellor emprego.
Este proxecto, pois, ten como obxectivo abordar este reto mediante a mellora das cualificacións e habilidades dos traballadores, especialmente no sector do comercio electrónico e, por tanto, centrándose en integrar novas tecnoloxías no comercio de venta tanto ao por menor como ao por maior. Esta medida contribuirá a un maior atractivo e unha maior profesionalización do sector a través destas accións:
- o trato das diferenzas e carencias de habilidades, especialmente as relacionadas cos cambios máis novidosos no sector do comercio electrónico
- a elaboración dun mapa común de cualificacións e a actualización dun Sistema Nacional de Cualificacións que teña en conta as novas necesidades de formación
- a contribución ao desenvolvemento de ESCO en canto a habilidades comerciais, competencias e cualificacións
- o desenvolvemento de novas rutas formativas atendendo ás novas necesidades
- o recoñecemento e a acreditación de cualificacións adquiridas a través de experiencias profesionais e formación non formal

Accións previstas

1. Estudo das carencias nas habilidades, a través dunha investigación cuantitativa e cualitativa
2. Análise da oferta formativa e elaboración dun mapa común de cualificacións
3. Definición de novas competencias e elaboración de rutas formativas segundo as carencias de habilidades
4. Avaliación y recoñecemento de cualificacións adquiridas a través de experiencia profesional e aprendizaxe non formal
5. Formación en novos enfoques segundo as necesidades detectadas
6. Actualización dos Sistemas Nacionais de Cualificacións e contribución ao desenvolvemento de ESCO no tocante ás Habilidades, Competencias e Cualificacións do Comercio

Prazo para a presentación de propostas

18 de marzo de 2014

Información e punto de contacto

Se vostede está interesado en formar parte deste proxecto en calidade de socio, deberá facilitar antes do 18 de marzo:
- unha breve descrición sobre a súa organización
- cál será o seu valor engadido no proxecto, tendo en conta o seu perfil, experiencia e competencias
- se vostede coñece algún outro socio potencial que poida ter os outros dous perfís que se solicitan na proposta, do seu propio país ou doutro

Teña en conta que unha organización só pode estar involucrada nunha solicitude de Sector Skills Alliance cada vez.
Tras o 18 de marzo farase unha selección das propostas de socios recibidas e traballarase nunha descrición máis detallada das actividades.
Dúbidas ou consultas:
Alicia García-Madrid: a.garcia-madrid@ifi.com.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante