Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 19/04/2017  ] Tratemos a educación! Cooperación e innovación educativa para previr a radicalización violenta da mocidade/ Universidade de Tolouse (Francia)

A cuestión do extremismo violento e a radicalización expón un reto non só para a seguridade dos países senón tamén para os valores fundamentais que están no centro da Unión Europea polo que este ámbito debe ser un tema prioritario á hora de desenvolver accións en procura de solucións.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

ERASMUS+ - Programa da Unión Europea para a Educación, a Formación, a Xuventude e o Deporte. 2014 - 2020

Solicitantes

Universidade de Tolouse, Francia

Destinatarios

Socios en cuxas profesións estén relacionadas coa acollida de familias de Siria ou Iraq e de profesionais que teñan coñecemento sobre o trato de mozos radicalizados.

Obxectivos do proxecto

Os obxectivos principais desta acción son a promoción da participación cívica dos mozos mediante o desenvolvemento do papel do voluntariado para a inclusión social e a prevención da radicalización que conduza ao extremismo violento á poboación en risco de marxinación ou exclusión social.

Accións previstas

Supón a experimentación de ferramentas pedagóxicas e métodos de ensino específicos para os mozos en proceso de radicalización.

Prazo para a presentación de propostas

Data límite o 22 de Maio de 2017

Información e punto de contacto

Séraphin ALAVA (0630749003)
seraphin.alava@gmail.com

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante