Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 01/09/2016  ] Intercambio Erasmus+ - The Virtual School of Royal Borough of Kensington and Chelsea (Londres)

O obxectivo deste proxecto é prestar apoio ao desenvolvemento persoal dos nenos e mozos ao coidado dos servizos sociais e incrementar a súa confianza e aspiracións, prestándolles oportunidades para coñecer a cultura europea en profundidade. O proxecto permitirá aos mozos de entre 18 e 24 anos viaxar, reunirse e colaborar con outros ex-tutelados ao longo de Europa co obxectivo de promover concienciación e respecto da diversidade.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

ERASMUS+ - Programa da Unión Europea para a Educación, a Formación, a Xuventude e o Deporte. 2014 - 2020

Solicitantes

The Virtual School of Royal Borough of Kensington and Chelsea (Londres, Reino Unido)

Destinatarios

Requisitos:

Participación no Programa aberta a todos os organismos e entidades legalmente establecidos en:
• os 28 Estados membros da UE;
• os países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein e Noruega;
• os países candidatos á adhesión da UE;
• a Confederación Helvética.

Algunhas accións do programa Erasmus+ están abertas a organizacións de países asociados.


Criterios de atribución de subvencións

Para acción clave 1, acción clave 3 e deporte:

• pertinencia do proxecto
• calidade do diseño e execución do proxecto
• impacto e difusión


Para acción clave 2, accións Jean Monnet e deporte:

• pertinencia do proxecto
• calidade do diseño e execución do proxecto
• calidade do equipo do proxecto e dos acordos de cooperación
• impacto e difusión

Prazo para a presentación de propostas

06/09/2016

Información e punto de contacto

As entidades interesadas en participar no proxecto como socios deben poñerse en contacto con Iwona Wardach, dirigíendose ao correo Iwona.w@accesseurope.org.uk e incluíndo a seguinte información no email:

-Nome da organización, incluíndo o tipo de entidade e a data de establecemento.
-Xente nova coa que se traballou e áreas de interese no intercambio.
-Experiencia na participación noutros proxectos europeos ou similares.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante