Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[   ] Intercambio xuvenil Erasmus + - Londres

O intercambio europeo busca unir a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos que veñan de entre 2 e 5 Estados europeos para que experimenten a diversidade do Este de Londres e o impacto do legado olímpico.

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

ERASMUS+ - Programa da Unión Europea para a Educación, a Formación, a Xuventude e o Deporte. 2014 - 2020

Solicitantes

Salaam Peace Community Engagement Programme

Destinatarios

Socios de moi diversas orixes que estean comprometidos con mozos e mozas e que utilicen os medios de comunicación, a educación e o deporte. Procuramos alcanzar un total de 10 asistentes por cada socio (5 mozos e 5 mozas de entre 14 e 18 anos se fose posible).

Obxectivos do proxecto

O principal obxectivo do Proxecto é promocionar a cohesión comunitaria, a diversidade, os valores comúns e o respecto polos Dereitos Humanos e a unidade a través do deporte. O proxecto busca unir a mozos e mozas de entre 14 e 18 que veñan de entre 2 e 5 Estados europeos para que experimenten a diversidade do Este de Londres e o impacto do legado olímpico.

Accións previstas

-Promocionar a cohesión comunitaria e a unidade a través dos deportes e os valores olímpicos (amizade, respecto e excelencia).


-Promocionar a diversidade, os valores común e o respecto polos Dereitos Humanos, incluindo a Convención de NNUU dos Dereitos do Neno.


-Traballar con xente nova para deseñar e crear novas ideas que exploren cal é o tipo de asesoramento e apoio máis indicado cando se traballa con mozos e mozas en risco de radicalización.


-Explorar e debater cos mozos e mozas acerca de como poden ser proactivos coas súas propias comunidades e identificar á xente que poida estar en risco de radicalización.


-Discutir e explorar o reto que supoñen as influencias de internet e o impacto que éstas teñen sobre a mocidade.


-Mellorar o traballo colaborativo e a asociación dentro da comunidade e desenvolver redes de traballo e novas prácticas na área do deporte e a actividade física como actividades de entretenemento.


-Mellorar a saúde mental e física da mocidade e abordar o seu illamento social tendendo a man ós grupos en risco.


-Entrenar a ata catro mozos e mozas que fagan de guías/traballadores para a mocidade e que sexan capaces de ofrecer talleres de primeiros auxilios para garantir a saúde mental.


-Promocionar o deporte desde as bases e os beneficios da participación comunitaria, o empoderamento e ter en conta os obstáculos que afronta a mocidade, así como o compromiso a través de oportunidades de voluntariado.

Prazo para a presentación de propostas

-

Información e punto de contacto

Sab Bham
Director, Community Engagement
Salaam Peace
sab@salaampeace.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante