Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 25/09/2014  ] Procura de socios do programa ”ERASMUS + acción clave 1 Viaxar ao estranxeiro para unha formación profesional - 2015”

Programa

ERASMUS+

Convocatoria

ERASMUS+ - Programa da Unión Europea para a Educación, a Formación, a Xuventude e o Deporte. 2014 - 2020

Solicitantes

Lycée d’Enseignement Agricole Privé Centre de Formation Professionnelle Saint Gabriel Nantes Océan

Destinatarios


Poden participar no proxecto escolas ou un corpo oficial agrícola. Tamén unha cámara de agricultura, autoridades locais, escolas agrícolas...

Os solicitantes esperan que o socio os axude a encontrar sitios relevantes de ensino para os seus alumnos.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo principal do proxecto é crear un programa de estudos no estranxeiro, para que os estudantes descubran novos métodos de alimentación para vacas, cabalos, cabras ou calquera rabaño herbívoro.

Accións previstas

As principais actividades a desenvolver son as seguintes:

Conseguir que os estudantes consigan autonomía en canto a:
-A alimentación do gando: supervisar, coidar e alimentar os animais.
-Pastos: supervisar os animais de pastoreo e medir o seu tamaño.
-Uso e mantemento de maquinaria agrícola.
-Comercialización e mercadotecnia: aprender como se consegue que a produción se venda.
-Xestión: planificación e organización.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 21 de decembro de 2014.

Non se especifica data para o primeiro contacto, pero pídese que sexa durante o outono de 2014.

Pódese optar á candidatura ata marzo de 2015. Recibirase a resposta oficial en xuño de 2015. O período de prácticas comezará na primavera de 2016.

Información e punto de contacto

Flora Djenadi

flora.djenadi@cneap.fr

+33 6 31 93 43 83 / +33 2 4021 7065

http://www.saint-gabriel-nantes-ocean.fr/web/bac-pro-cgea-sde/

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante