Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 21/02/2017  ] H2020 – “Socio de colaboración para aumentar a capacidade de investigación en intelixencia empresarial”/ Skopje (Macedonia)

A Facultade de Ciencias e Tecnoloxías Contemporáneas xunto coa de Economía e Negocios da Universidade Sur de Europa do Leste (SEEU), pretenden converterse na próxima década nun dos departamentos máis prestixiosos e innovadores, para o cal, entre outras cousas, promoven a execución de programas en colaboración con prestixiosas universidades americanas e europeas. Buscan crear un grupo de investigación competitivo centrado basicamente no campo da intelixencia empresarial.

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Solucións TIC innovadoras para futuras operacións loxísticas - MG-5-2-2017

Solicitantes

Universidade Sur de Europa do Leste, Facultade de Ciencias e Tecnoloxías Contemporáneas (Macedonia). 

Destinatarios

Universidades, Institucións de Investigación e Escola de Negocios cuxo ámbito de investigación abranga a intelixencia empresarial.

Obxectivos do proxecto

O desafío deste proxecto é abordar as deficiencias de investigación e das redes de contacto no campo da intelixencia empresarial entre SEEU e as contrapartes internacionalmente triunfantes a nivel europeo mediante un proceso de colaboración. 

De maneira máis precisa, os obxectivos principais do presente proxecto son: 
1.A investigación conxunta no eido da intelixencia empresarial entre os Departamentos de Ciencias e Tecnoloxías Contemporáneas e de Economía e Negocios da Universidade Sur de Europa do Leste e as universidades colaboradoras que encabezan as listas da UE.
2. Conferencias e talleres conxuntos para investigar perfís en SEEU no campo da intelixencia empresarial. 
3. Aumento de actividades de investigación relacionadas coa intelixencia empresarial no nivel de doutoramento entre as principais universidades colaboradoras que encabezan as listas da UE.
4. Aplicación común de subvencións.

Accións previstas

Perfil 1: Contribuír ao proxecto a través dunha definición detallada dos requisitos de investigación para o grupo SEEU na área de análise de negocio (BA).

Perfil 2: Demostrar un potencial excepcional para a investigación no ámbito da análise de negocio. As capacidades involucradas limítanse á capacidade para aumentar a excelencia na investigación do grupo de investigación SEEU con respecto á análise de negocio como consecuencia da colaboración; capacidade para mellorar o prestixio, atractivo e as canles de conexión do grupo de investigación SEEU a través do intercambio de experiencias, boas prácticas e redes de contactos da institución de investigación ben establecida, e finalmente, a capacidade para axudar ao grupo de investigación SEEU na mellora da capacidade de competir de maneira airosa para o financiamento da investigación nacional, europea e internacionalmente competitiva a través de solicitudes conxuntas de financiamento da investigación. 

Perfil 3: As institucións con maior nivel de investigación e innovación deberían participar no aumento de actividades de investigación relacionadas coa intelixencia empresarial a nivel de doutoramento nas institucións coordinadoras. 

Prazo para a presentación de propostas

Contacte coa organizadora para obter información máis detallada.

Información e punto de contacto

Para contactar coa organizadora: ligazón 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante