Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 04/04/2017  ] Spa4Health, Innovación sanitaria nas rexións con termas/Francia

O obxectivo do proxecto, vinculado ás Estratexias de Especialización Intelixentes, é facilitar o intercambio de boas prácticas entre as autoridades rexionais (encargadas da xestión dos programas xerais (principalmente FEDER), as universidades e os socios de innovación para desenvolver métodos de apoio á transferencia de coñecementos e fortalecer as oportunidades de innovación aberta entre os socios de para a innovación no campo da saúde preventiva e o termalismo.

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Redes temáticas que compilen coñecemento listo para levar á práctica - RUR-10-2016-2017

Solicitantes

Thermauvergne (FR), unha asociación de 11 cidades balnearias en Auvernia-Ródano-Alpes

Destinatarios

Para máis información, consulte co solicitante

Obxectivos do proxecto

- Capitalizar as prácticas entre os actores rexionais co fin de fortalecer as políticas rexionais,
- Facilitar a cooperación e as iniciativas conxuntas entre as empresas, os centros de I+D e os actores do ensino superior nas esferas rexionais clave da especialización intelixente e innovación,
- Atopar solucións para mellorar as estratexias de innovación,
- Aumentar o desenvolvemento, o crecemento e mellorar a calidade de vida nas rexións implicadas.

Accións previstas

Apoiar a aprendizaxe das políticas de innovación entre os socios co fin de mellorar o desempeño das políticas rexionais de innovación mediante o intercambio de boas prácticas.

Prazo para a presentación de propostas

Data límite o 18 de Abril

Información e punto de contacto

Marion Vansingle, Xerente de Cooperación Europea Thermauvergne.
m.vansingle@borvo.com

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante