Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 24/02/2015  ] Procura de socios para proxecto enmarcado na convocatoria Water Innovation: Reforzando o seu valor para Europa WATER-2b-2015

A Universidade Pública de Navarra busca socio para un proxecto no que desenvolver enfoques integrados para a seguridade alimentaria, a enerxía de baixo carbono, xestión sostible da auga e mitigación do cambio climático.

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Water Innovation: Reforzando o seu valor para Europa WATER-2b-2015

Solicitantes

Universidade Pública de Navarra

Destinatarios

Poderán ser elixibles para recibir fondos do programa Horizonte 2020 as entidades xurídicas establecidas nos 28 Estaos Membros da UE e nos seus territorios de ultramar, e países asociados ao programa.

Accións previstas

• Desenvolvemento de ferramentas e metodoloxías para a integración da agricultura, o impacto do cambio climático e a adaptación aos modelos do uso do territorio.

• Desenvolvemento dunha mellor comprensión científica do nexo terra-auga-enerxía-clima.

• Desenvolvemento de estratexias e enfoques integrados, a diferentes escalas espaciais, integrando o uso eficiente dos recursos da terra, a agricultura e a xestión sostible do auga.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 21 de abril de 2015.

Información e punto de contacto

Universidade Pública de Navarra (Public University of Navarre)

• Prof. Jesús Álvarez Mozos (jesus.alvarez@unavarra.es ) Department of Projects and Rural Engineering

• European Projects Office (OPEN): servicio.investigacion@unavarra.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante