Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 24/04/2014  ] Procura de socios para a convocatoria Horizonte 2020: INSO-2-2014: Understanding and supporting business model innovation.

O rendemento dos investimentos europeos en tecnoloxía e desenvolvemento non só depende das condicións marco globais para a innovación e o espírito empresarial, senón tamén dos modelos de negocio efectivos. Neste contexto abórdase a facilitación de innovación nos modelos de negocio e permitir que un máximo número de empresas cheguen a esta.

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

Andanatura (Fundación Espacios Naturales de Andalucía) é unha fundación privada especializada no asesoramento ás pequenas e medianas empresas na aplicación de solucións para mellorar a súa competitividade e rendibilidade desde os principios do desenvolvemento sustentable.

Destinatarios

Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.

Obxectivos do proxecto

- Avanzar no coñecemento existente sobre o modelo de negocio da innovación, por exemplo, mediante a identificación de patróns, a exploración das estruturas de xestión, analizando o potencial de transferencia a través dos sectores e dos estados membros da UE.
- Facer este coñecemento facilmente accesible.
- Desenvolver mecanismos para axustar o coñecemento ás empresas individuais.
- Chegar, posiblemente a través das canles existentes, a un número máximo de empresas.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 29 de abril de 2014

Información e punto de contacto

Horizonte 2020: INSO-2-2014: Understanding and supporting business model innovation.

Rosa Blanco
0034 954 468 040
rblanco@andanatura.org

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de Socios (380,59 Kb)
[26/01/2017] Procura de Socios (321,54 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante