Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 24/04/2014  ] Programa Horizonte 2020 – Seguridade alimentaria sostible (H2020-SFS-2015-2)

A Universidade de Córdoba, con ampla experiencia en temas agrícolas e medioambientais grazas, entre outros, aos seus estudos en veterinaria, química ou bioloxía, procura socios europeos para avaliar o benestar dos animais e investigar o comportamento dos metabolitos e a súa influencia na calidade da carne de vacún e, en consecuencia, no mercado de consumo.

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

Universidade de Córdoba (UCO)

Destinatarios

A Universidade de Córdoba procura socios en países europeos:
- Procúranse expertos en metabolómica para investigar os metabolitos de estrés en animais e, ademais, nanotecnoloxía que desenvolva paquetes comerciais para detectar estes metabolitos.

- Tamén se procuran socios procedentes de pemes e que sexan produtores extensivos de carne de vacún.

Obxectivos do proxecto

Crear un observatorio en granxas para avaliar cómo o benestar dos animais podería afectar á calidade da carne. Procúrase certificar a calidade da carne de vacún para á súa vez mellorar o mercado de consumo.

Prazo para a presentación de propostas

O máis axiña posible, e en todo caso antes do 26/06/2014, data en que remata o prazo de presentación á convocatoria de participación.

Información e punto de contacto

OTRI-Universidad de Córdoba
Departamento de Proxectos Europeos
e-mail: otri@uco.es
Web da convocatoria (en inglés): http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/calls/h2020-sfs-2014-2.html

Material Relacionado

[26/01/2017] Texto da procura de socios (63,22 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante