Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 10/04/2014  ] O desenvolvemento das tecnoloxías da próxima xeración de electricidade renovable e de calefacción / refrixeración

Uso da biomasa nun sistema de coxeración deseñado a escala residencial.

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

INMA: instituto nacional de procura e desenvolvemento de maquinaria e instalacións deseñadas para a agricultura e a industria alimenticia de Bucarest (Rumania).

Destinatarios

Búscanse socios para desenvolver un sistema de calefacción de biomasa universal para obter enerxía térmica e eléctrica en casas particulares.

Obxectivos do proxecto

Utilización da biomasa como fonte de calor, para a coxeración en condicións da máxima eficiencia.

Accións previstas

O proxecto desenvolverá un sistema de calefacción de biomasa universal que será utilizado para obter enerxía térmica e eléctrica. As fontes de biomasa utilizadas serán materias primas sustentables (incluíndo mesturas) cun alto contido de cinza, como residuos agrícolas e forestais; vectores bioenerxéticos sólidos ou líquidos cunha maior densidade de enerxía e subproductos industriais. O sistema CHP será deseñado para lograr unha potencia de até 250 kW.

Prazo para a presentación de propostas

30/04/2014

Información e punto de contacto

Eng. Madalina GHILVACS
E-mail: make_madalina@yahoo.com

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de Socios (55,08 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante