Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 03/03/2014  ] Investigación sobre a extracción de gas de esquisto (Shale Gas Extraction Research) - Programa Horizonte 2020 Retos Sociais - Convocatoria Enerxía baixa en carbono LCE-16-2014

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

Universidade de Ulster (Reino Unido)

Destinatarios

Áreas de especialidade: xeólogos, expertos xeotécnicos y xeofísicos, químicos, físicos, científicos no ámbito do medio ambiente, especialistas da saúde laboral, especialistas en seguridade, enxeñeiros informáticos, climatólogos, etc.
Áreas xeográficas: Polonia, Lituania, Reino Unido, Suecia, Noruega, Portugal, España, Sur de Francia, Rumanía, Bulgaria, etc.
Esta lista non é exhaustiva, polo que toda parte interesada pode contactar coa Universidade de Ulster e presentar unha solicitude de socio.

Obxectivos do proxecto

A Universidade de Ulster está a levar a cabo unha investigación na área da extracción de gas de esquisto, con especial énfasis no desenvolvemento de ferramentas de mellores prácticas para evaluar e supervisar aspectos como a seguridade, a saúde e o medio ambiente. Os líderes do proxecto xa identificaron un número de paquetes de investigación que se poderían incluír na proposta de proxecto e empezaron o proceso de búsqueda de contactos para levar a cabo a investigación, procedentes tanto da industria coma o mundo académico.

Accións previstas

Os líderes atópanse nestes momentos na etapa de negociacións cos socios de Estados Unidos e Canadá (industria e mundo académico) e nunha etapa inicial na identificación de socios europeos cos que completar o equipo de investigación. Estarían interesados en poder contar con representantes da industria e da investigación que desexen traballar coa Universidade de Ulster neste ámbito de actuación.

Información e punto de contacto

Texto da convocatoria: http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/1126-lce-16-2014.html#tab1

Contacto:
Ciaran McAleenan : c.mcaleenan@ulster.ac.uk
Robert Weatherup: r.weatherup@ulster.ac.uk
Gary Bogle: g.bogle@ulster.ac.uk

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios gas esquisto (44,48 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante