Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 09/09/2014  ] Procura de socios Horizonte 2020 Reciclaxe e Economía baixa en carbono

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

A Agencia de Medio Ambiente y Agua de Andalucía é unha axencia pública empresarial dependente da Consejería de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio da Junta de Andalucía, que presta servizos esenciais en materia de medio ambiente e auga no territorio andaluz.

O seu obxecto é a realización, por si mesma ou a través de entidades públicas ou privadas nas que participe, de actividades relacionadas coa protección, conservación, rexeneración ou mellora do medio ambiente e da auga, así como calquera outra actividade que sexa presuposto, complemento, desenvolvemento ou consecuencia do anterior.

Polo tanto, a Axencia conta cunha ampla experiencia e plena capacidade nas seguintes áreas:

- Xestión de residuos e a súa planificación, tanto perigosos coma non perigosos.
- Chans contaminados e recuperación de zonas degradadas.
- A calidade do aire e a auga.
- Augas residuais e emisións atmosféricas.
- Prevención e control integrados da contaminación.
- O cambio climático, incluído as emisións industriais, os inventarios, as medidas de mitigación ou adaptación ou a pegada de carbono.
- A planificación ambiental.
- Sostibilidade Urbana, incluíndo 21 axendas locais, os Plans de Acción para a Enerxía Sostible, a mobilidade, zonas verdes, etc.
- As emerxencias ambientais, incluída a prevención e extinción de incendios.
- Instalacións de tratamento hidráulico e de residuos.
- Xestión e planificación dos espazos naturais protexidos.
- Os programas de recuperación e manexo de especies en perigo de extinción.
- Planificación e xestión de recursos naturais.
- Apoio técnico en capacitación e educación ambiental.

Destinatarios

Búscanse socios para crear consorcios ou unirse a un xa existente para preparar proxectos de Horizonte 2020 nas convocatorias dos temas (sen excluír outros) de reciclaxe e economía baixa en carbono.

Obxectivos do proxecto

A Axencia está actualmente interesada nos seguintes temas relativos á convocatoria ”Horizonte 2020. Acción polo clima, o medio ambiente, eficiencia dos recursos e materias primas”. Aínda que non exclúen outras opcións.

1. Residuos: un recurso para reciclar, reutilizar e recuperar as materias primas:

• WASTE-6-2015: Promover a xestión eco-innovadora de residuos e a prevención como parte do desenvolvemento urbano sostible.
• WASTE-7-2015: Garantir un uso sostible dos residuos agrícolas, co-produtos e subprodutos.

2. Desenvolver unha economía baixa en carbono e que utilice os recursos de forma eficiente cunha subministración sostible de materias primas:

• SC5-4-2015: Mellorar a calidade do aire e reducir a pegada de carbono das cidades europeas.
• SC5-5-2014 / 2015: Coordinar e apoiar a investigación e a innovación para a acción climática.
• SC5-6-2014: Biodiversidade e servizos dos ecosistemas: motores de cambio e causalidades.
• SC5-7-2015: Unha restauración máis eficaz dos ecosistemas na UE.

Información e punto de contacto

Jorge Soria (Junta de Andalucía)

jmsoria@agenciamedioambienteyagua.es

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (237,21 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante