Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 14/07/2014  ] C.A.P. (Community Antennas for Policing) - Citizens Actors of Policing

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

Policía local da Emilia-Romaña (Italia).

A rexión de Emilia-Romaña é activa na creación e promoción dun ”sistema rexional de policía local” e as súas políticas están orientadas a mellorar tanto a actualización tecnolóxica e a prevención coma a participación das comunidades locais. Mentres tanto, a rexión de Emilia-Romaña desenvolveu novas estratexias para promover a comunicación entre as policías locais e os cidadáns, co fin de reducir a brecha e difundir unha imaxe real e non estereotipada da policía local. As novas tecnoloxías e os novos medios de comunicación son esenciais para alcanzar este obxectivo.

Destinatarios

Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.

Obxectivos do proxecto

Búscanse socios para un proxecto consistente en realizar unha aplicación gratuíta para dispositivos móbiles, que promova unha policía de proximidade involucrada cos cidadáns e que fomente a cooperación entre a policía e as comunidades locais.

O obxectivo do proxecto é:

• Fortalecer o enfoque dunha policía comunitaria e a eficacia da policía local, mediante ferramentas xeneralizadas e baratas.
• Reducir a brecha entre a policía local e a comunidade, centrándose na prevención e no coñecemento do territorio.
• Mellorar o diálogo cos cidadáns, que deben ser considerados non como simple ”beneficiario” dunha comunicación institucional, senón como unha verdadeira testemuña do seu contexto e como avaliadores da eficacia das políticas locais.

Accións previstas

Dende o punto de vista cultural, o proxecto ten como obxectivo promover unha política comunitaria que non se limite a ”ir cara ao pobo”, senón que pretenda ”facer que a xente se achegue”. Polo tanto o obxectivo cultural é desenvolver unha rede (real e virtual) de contactos elixidos, utilizada non só para compartir o coñecemento do territorio, senón tamén para compartir posibles propostas e opinións, co obxectivo común de mellorar a seguridade e a calidade de vida e para previr as condicións de risco.

Dende o punto de vista tecnolóxico, o obxectivo é o desenvolvemento dunha aplicación gratuíta, flexible, simple e xeneralizada, dirixida á rede de ”antenas” elixidas; a aplicación debe integrar unha ferramenta de mensaxería móbil (por exemplo, ”WhatsApp”), co fin de promover a comunicación entre os membros da rede e para apoiar a renovación do vínculo social.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 28 de agosto de 2014.

Información e punto de contacto

Esta procura de socios pertence á convocatoria Horizonte 2020. Retos sociais. Loita contra o crime e o terrorismo: Reforzar a cooperación entre os cidadáns e a policía de proximidade (FCT-14-2014).

Matilde Madrid
Telf: 0039 051 5273463
mmadrid@regione.emilia-romagna.it

Samanta Arsani
Telf: 0039 051 5273356
sarsani@regione.emilia-romagna.it

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (54,76 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante