Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 14/07/2014  ] Procura de socios “Unha restauración máis eficiente do ecosistema na UE”

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

Universidade Politécnica de Cartagena (UPTC) e o Grupo de Investigación Agroquímicos, Tecnología y Gestión de Suelos y Sustratos (ETSIA).

Os solicitantes participaron en varios proxectos nacionais e internacionais ligados aos impactos ambientais das leis nacionais e europeas actuais, a avaliación da contaminación e as metodoloxías para a restauración do ecosistema axeitado do chan.

Os principais temas de investigación están relacionadas coas relacións solo-planta, a dispoñibilidade de metais e os ámbitos xeoquímicos e autótrofos contaminados (incluído o papel das brañas en contra da contaminación), e as cuestións relativas a xestión vexetal (phytomanagement) en ámbitos semiáridos degradados.

Destinatarios

Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.

Obxectivos do proxecto

A UPTC e o ETSIA buscan socios para presentar un proxecto no marco do reto social 5 de H2020 baixo a temática ”unha restauración máis eficiente do ecosistema na UE” (SC5-07-2015).

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 10 de outubro de 2014.

Información e punto de contacto

Esta procura de socios pertence á Convocatoria Horizonte 2020. Reto Social 5: Acción polo Clima, Medio, Eficiencia en Recursos e Materias Primas (SC5-07-2015).

Persoas de contacto (Universidade Politécnica de Cartagena):

José Álvarez Rogel
Telf: +34-968-325543
jose.alvarez@upct.es

Héctor Miguel Conesa Alcaraz
Telf: +34-968-327034
hector.conesa@upct.es

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (25,86 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante