Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 24/06/2014  ] Procura de socios para o proxecto GARRI-5-2014: Ethics in Research – promoting Integrity

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Solicitantes

Dr Ioannis Bekos
University of Cyprus
P.O. Box 20537
CY-1678 Nicosia, Cyprus
Fax: +357-22-895030

Destinatarios

Poden participar no proxecto os seguintes tipos de socios: entidades públicas, pequenas e medianas empresas, asociacións de pequenas e medianas empresas, organizacións non gobernamentais, entidades e axencias rexionais e outros actores privados.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo principal do proxecto é investigar malas condutas e se os actores están realmente capacitados para realizar as actividades correspondentes. Unha vez levada a cabo esta investigación, sería interesante promocionar a ética asegurando un impacto na sociedade a curto, medio e longo prazo.

Accións previstas

As principais actividades que se ten pensado desenvolver son:
- examinación dos pros e contras dos diferentes métodos para facer fronte ás malas condutas;
- avaliación do beneficio real das ferramentas utilizadas para investigar estas malas condutas;
- investigación da porcentaxe real dos casos denunciados onde se confirmaron malas prácticas;
- abastecemento de análises exhaustivos dos casos que poden propiciar respostas efectivas a nivel psicolóxico e socioeconómico;
- estudo da posibilidade de unificar códigos, principios e métodos, tanto a nivel europeo como a nivel internacional;
- estudo das opcións de apoio de mecanismos autoreguladores adaptados ao marco legal.

Prazo para a presentación de propostas

10/07/2014

Información e punto de contacto

Dr Ioannis Bekos
University of Cyprus
P.O. Box 20537
CY-1678 Nicosia, Cyprus
Fax: +357-22-895030
e-mail: bekos@ucy.ac.cy
web da convocatoria: http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/2405-garri-5-2014.html

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante