Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 25/06/2014  ] Procura de socios do CETEMET para Horizonte 2020

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Liderado Industrial

Solicitantes

O CETEMET, Centro Tecnolóxico Metalmecánico e do Transporte establecido en Linares (no sur de España), é unha fundación privada sen ánimo de lucro. Esta entidade apoia activamente ás empresas nos sectores metal-mecánico e do transporte dende 2007, sendo o seu obxectivo o impulso e mellora da competitividade da industria metal-mecánica e o transporte a través da innovación.

O CETEMET está integrado por 28 patróns entre os que se encontran, institucións pertencentes á Administración, caixas de aforros, universidades e asociacións de empresarios, así como importantes empresas do sector situadas en Andalucía, entre elas varias industrias de transporte (coche, autobús, tren e compoñentes) como Alstom Transporte, Gestamp e Construcións Ferroviarias CAF-Santana.

Destinatarios

Búscanse socios interesados en presentar un proxecto no marco do Programa Horizonte 2020, en concreto en referencia ás convocatorias en H2020 GV e FoF.

Accións previstas

Prevense accións para dúas convocatorias diferentes:

1. Horizonte 2020 Vehículos verdes 2014:

-GV-5-2014 Novos conceptos de vehículos ultralixeiros e eléctricos de dúas rodas.
-GV-4-2014 Vehículos de alta resistencia e híbrido lixeiro.

2. H2020-FoF-2014-2015:

-FoF-10-2015 Fabricación por encarga de pezas para produtos personalizados.
-FoF-13-2015 Tecnoloxías e equipos para reutilización e refabricación, así como xestión do ciclo de vida de produtos sostibles.

Prazo para a presentación de propostas

Para as accións derivadas da convocatoria Horizonte 2020 Vehículos verdes 2014, o prazo finaliza o 28 de agosto de 2014.

En cambio, para as accións da convocatoria H2020-FoF-2014-2015 remata o 19 de decembro de 2014.

Información e punto de contacto

Páxina web: http://www.cetemet.es/

TÚNEL DE FRÍO
PARQUE EMPRESARIAL SANTANA
Avda. 1º de Mayo, s/n
Apdo. 97 / 23700 Linares (Jaén) Spain
Telf. +34 953 649 404

OFICINAS GENERALES.
Metrología / I+D+i
CENTRO DE INNOVACIÓN
Campus Científico-Tecnológico
Circunvalación Ronda Sur
Apdo. 97 / 23700 Linares (Jaén) Spain
Telf. +34 953 649 420
Fax +34 953 696 719

I+D+i. Delegación Martos
CENTRO DE NEGOCIOS NUEVO MARTOS
Calle Bailén, 2
23600 Martos (Jaén) Spain
Telf. +34 953 044 106

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (995,53 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante