Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 10/03/2014  ] City digital Maturity Scorecard

Programa

HORIZONTE 2020

Convocatoria

Horizonte 2020 – Ciencia Excelente

Solicitantes

O Concello de Dublín (Dublin City Council), en colaboración cos organismos Intel Labs Europe, the Innovation Value Institute (IVI) e NUI Maynooth

Destinatarios

Poden participar entidades locais e industrias interesadas en colaborar co Concello de Dublín

Obxectivos do proxecto

O obxectivo principal deste proxecto é conseguir información para comparar a preparación dixital das cidades en toda Europa e intercambiar información sobre boas prácticas.
O proxecto comezou a xerarse para a cidade de Dublín e grazas a unha colaboración de cidadáns, empresas, investigadores, académicos e representantes do goberno local, a cidade de Dublín poderá alcanzar o seu obxectivo como unha cidade dixital global. A colaboración implica tamén innovación e cambio.
Organismos como o concello de Dublín (Dublin City Council), Intel Labs Europe, the Innovation Value Institute (IVI) e NUI Maynooth colaborron de maneira estreita para crear un “cadro de mando de madureza dixital”, unha ferramenta analítica para medir avaliar o nivel de madureza dixital de Dublín e identificar posibles vías sobre as que continuar a canalizar os esforzos dixitais. Ademais, este “cadro de mando” permitirá comparar as accións de Dublín neste sentido con outras rexións e outras entidades internacionais.

Accións previstas

As principais actividades previstas para conseguir vivir nunha cidade dixital son:
- a consideración do Indicador Clave de Actividade (KPI) en enerxía, TIC e materias de transporte;
- a medida e avaliación dos posibles efectos rebote e valores sistemáticos
O plan de actuación do concello de Dublín tanto para esa cidade como para o resto de cidades, rexións, organismos e entidades é o seguinte:
 Comezar por establecer unha visión e un concepto da entidade dixital como un ecosistema dixital e construír esta visión sobre unha serie de principios que poñen ao cidadán á cabeza dese ecosistema.
 Promover que os socios clave se involucren e amosen responsabilidade e dispoñibilidade.
 Realizar comparacións de entidades sobre a súa respectiva actividade dixital (benchmarking)
 Medir e avaliar o progreso dixital mediante a identificación de boas prácticas para asegurar o crecemento.
 Tomar como referentes a cidadáns, organismos e lugares que estean a contribuír á economía e cidade dixitais para xuntar forzas e innovar xuntos en facer da cidade un lugar mellor para vivir nos tempos actuais.
 Chegar ao final do camiño e conseguir a Cidade ou Entidade Dixital

Para máis información sobre o desenvolvemento das actividades previstas, diríxase á páxina web de “Digital Dublin” (en inglés): http://digitaldublin.ie/two-innovative-toolsets/

Prazo para a presentación de propostas

31-03-2014

Información e punto de contacto

• Sean Fallon
Oficina de Economía y Relaciones Internacionales de Dublín
Sean.fallon@dublincity.ie

• Brian Donnellan
Profesor de Innovación de Sistemas de la Información
Brian.donnellan@nuim.ie

Web: http://digitaldublin.ie/

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante