Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 02/09/2016  ] Supporting businesses’ expansion in the Internal Market by improving Points of Single Contact – Paphos (Chipre)

A Cámara de Comercio e Industria de Paphos ten unha gran experiencia en proxectos financiados pola UE e neste proxecto márcase como obxectivo apoiar ás empresas e aos empresarios locais proporcionándolles información de alta calidade e específica. A Cámara conta con máis de 500 membros que garanten a existencia de participantes de todos os sectores e actividades da economía de forma igualitaria.

Programa

COSME

Convocatoria

Apoio á expansión das empresas no mercado interior, mellorando os portales únicos - Aumento da conciencia entre os empresarios sobre os puntos de contacto único - COS-SPOC-2016-02-03

Solicitantes

Cámara de Comercio e Industria de Paphos (Chipre)

Destinatarios

Todos os membros do consorcio deben pertencer a algunha das seguintes categorías:

a) autoridades públicas responsables da xestión dun punto de contacto único nacional ou rexional;
b) entidades privadas ou semiprivadas que xestionen un punto de contacto único por encomenda dunha autoridade pública;
c) autoridades públicas activas na área relacionada coas actividades dos puntos de contacto único;
d) entidades privadas ou semiprivadas distintas das mencionadas no punto b) activas na área relacionada coas actividades dos puntos de contacto único, tales como cámaras de comercio e industria, cámaras de artesáns ou entidades similares ou as súas redes ou asociacións;
e) institucións de FP ou educativas, incluídas universidades, centros de investigación activos no campo da provisión de servizos ou o e-goberno.

Só as solicitudes de entidades establecidas nalgún Estado Membro ou países terceiros participantes no programa COSME serán consideradas elixibles.

Prazo para a presentación de propostas

08/09/2016

Información e punto de contacto

Máis información en http://programasue.es/wp-content/uploads/COSME-Paphos.pdf
Efthymios (Makis) Tsiatsios
Athinon 7 % Ao. Papagou Corner
+357 26818173 +357 26944602
makis@pcci.org.cy

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante