Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 17/11/2014  ] Procura de socios para a convocatoria COS-TFLOWS-2014-3-15 destinado á promoción de turismo sénior e xuvenil durante tempada media e baixa

Dentro da convocatoria COS-TFLOWS-2014-3-15 da Comisión Europea para axudas a proxectos que promovan o turismo da mocidade e de persoas maiores na Unión Europea durante a tempada baixa e media, a cidade de Narni busca socios para participar na convocatoria a través do proxecto ”Route of industrial history for new generations” (R.I.H.N.G). O proxecto a desenvolver vai enfocado a un público de entre 15 e 29 anos.

A duración do proxecto é de 12 meses (de xullo 2015 a xullo 2016) e o orzamento total de 300.000€. O 75% financiado pola Unión Europea (225.000€) e o resto (75.000) cofinanciado polos socios, o 25%.

Programa

COSME

Convocatoria

Convocatoria para facilitar os fluxos de turismo transnacional na UE de persoas maiores e da mocidade - COS-TFLOWS-2014-3-15

Solicitantes

Narni

Destinatarios

Requírense de 4 a 8 socios pertencentes como mínimo a 4 países distintos. Os socios poden ser autoridades públicas, organizacións internacionais, asociacións ou federacións, universidades, centros de investigación, organizacións sen ánimo de lucro, turoperadores ou axencias de viaxes, cámaras de comercio e pemes.

O consorcio debe estar composto por mínimo unha autoridade pública, unha entidade social activa no área de xuventude e unha peme ou asociación que opere no sector turístico.

Obxectivos do proxecto

• Responder ás necesidades do público novo para a mobilidade transnacional.

• Planear e lanzar produtos turísticos transnacionales para incrementar este tipo de turistas durante a tempada baixa e media.

• Realizar un modelo que sirva de base para o desenvolvemento en outros contextos.

• Levar a cabo un proxecto piloto caracterizado pola innovación, utilidade, sostibilidade cultural e económica e a calidade.

• Promover os valores do patrimonio industrial europeo e a posibilidade de transformar áreas industriais en desuso.

• Promover o emprendemento cultural.

• Promover o uso das novas tecnoloxías da información para descubrir o valor da historia.

Accións previstas

• Elaboración dun Plan de Marketing Turístico (Análise de mercado, de oferta e demanda, competitividade e elaboración dunha estratexia e “marketing mix”): Actividade a coordinar por un instituto de investigación, universidade ou empresa do sector turístico.

• Business Plan para lanzar o proxecto piloto: Actividade a coordinar por un instituto de investigación, universidade ou empresa do sector turístico.

• Deseño do proxecto e desenvolvemento do proxecto piloto: Actividade a coordinar por unha institución pública, privada ou sen ánimo de lucro activa no área da xuventude.

• Avaliación dos resultados e verificación dos obxectivos do proxecto: Actividade a coordinar por un instituto de investigación, universidade, empresa do sector turístico ou organización pública, privada ou sen ánimo de lucro activa no área da xuventude.

• Difusión e promoción dos resultados: A realizar por parte de todos os membros do consorcio.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 24/11/2014

Información e punto de contacto

Cidade de Narni (Italia)

Irene Falocco: eucalls@mindsrl.it

Giulia De Santis: giulia@dreavel.com

Tel. (+39) 0744 1980233

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante