Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 11/09/2014  ] Procura de socios para o proxecto ”COAST2COAST - Desenvolver e promover o turismo deportivo sostible de costa a costa”

Programa

COSME

Convocatoria

Diversificación da oferta turística da UE e dos produtos - Produtos turísticos transnacionais sostibles - COS-TSUST-2014-3-15

Solicitantes

O coordinador do proxecto é a rexión de Paralimni, en Chipre.

Destinatarios

Necesítanse socios que sexan autoridades públicas ou privadas, pemes vinculadas co turismo, institucións académicas, universidades, asociacións ou axencias de viaxe, tour operadores e institucións públicas ou privadas cuxa actividade principal sexa o turismo, o desenvolvemento rexional ou calquera outro campo vinculado coa proposta. Búscanse socios de Grecia, Malta, Italia ou España.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo é crear un itinerario innovador transnacional baseado nas actividades deportivas turísticas, como pode ser a vela, o mergullo ou rutas preto do mar. A idea principal é promover os destinos turísticos para evitar a estacionalidade durante a tempada baixa.

Accións previstas

As actividades a desenvolver teñen que ver coa creación do devandito itinerario.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 14 de setembro de 2014.

Recoméndase presentar a candidatura de socio canto antes posible. Para presentar o proxecto, a data é o 07-10-2014.

Información e punto de contacto

O coordinador do proxecto é a rexión de Paralimni, en Chipre. O proxecto enmárcase na convocatoria Diversificación da oferta turística da UE e dos produtos - Produtos turísticos transnacionais sostibles - COS-TSUST-2014-3-15

Kalomira Keli
kalomira@paralimni.org.cy

Evie Poyiadji
p.evie@hotmail.com

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante