Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 02/09/2014  ] Procura de socios ”Produtos Turísticos Transnacionais Sostibles 2014”

Programa

COSME

Convocatoria

Diversificación da oferta turística da UE e dos produtos - Produtos turísticos transnacionais sostibles - COS-TSUST-2014-3-15

Solicitantes

Dirección Cultura, Turismo e Deporte. Rexión de Piemonte

Destinatarios

Necesítanse socios que sexan organismos públicos, vinculados co turismo a nivel rexional ou nacional, así como pemes vinculadas co mesmo sector.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo deste proxecto é desenvolver unha ruta turística co sal como tema principal.

Accións previstas

As actividades a desenvolver son:

- Promover rutas co sal como destino turístico;
- Identificar e analizar rutas antigas;
- Analizar a herdanza tanxible e intanxible;
- Intercambiar boas prácticas;
- Creación de paquetes turísticos que integren o patrimonio cultural e o patrimonio natural ao longo das rutas de sal co comercio local;
- Diseminación de actividades para promover as rutas;
- Monitorización da demanda turística a través da análise ETIS.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 5 de setembro de 2014.

Información e punto de contacto

Rexión de Piemonte
Dirección Cultura, Turismo e Deporte
Via Avogadro 30 - 10121 Turín, Italia
Email: anna.iannotta@regione.piemonte.it

http://www.cbalears.eu/veureProjecte.php?cod=636

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante