Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 01/08/2014  ] Procura de socios para o proxecto “Water Sports and Wellness Activities Ways (W.W.W)” - COSME Key Action 2 Diversifying the EU Tourism Offer and Products - Sustainable Transnational Tourism Products

O proxecto implica a creación dun turismo sostible e transnacional que cree un beneficio para os cidadáns europeos ao tempo que se lles ofrece unha maneira alternativa de facer turismo. O produto final será un itinerario turístico entre diferentes localidades europeas unidas polos deportes acuáticos. “WWW” é un produto turístico que se desenvolve en áreas rurais e montañosas de Europa caracterizadas polos seus ríos, canais e lagos e nas que é posible practicar deportes ao aire libre.

Programa

COSME

Convocatoria

Diversificación da oferta turística da UE e dos produtos - Produtos turísticos transnacionais sostibles - COS-TSUST-2014-3-15

Solicitantes

Concello de Terni, Rexión de Umbria, Italia

Destinatarios

Necesítanse socios que sexan pemes relacionadas co turismo, asociacións deportivas ou non deportivas vinculadas coa temática do proxecto, entidades públicas locais, rexionais ou nacionais, cámaras de comercio ou ONGs. Deben ser mínimo 5 socios de 4 países distintos.
- Pemes relacionadas co tema do proxecto (aloxamento, axencias de viaxe e tour operadores, compañías de transporte, en especial relacionadas coa mobilidade sostible)
- Asociacións (deportivas e non deportivas) relacionadas co tema do proxecto
- Organismos públicos locais, rexionais ou nacionais
- Asociacións ou redes de organismos públicos locais ou rexionais (polo menos un membro debe ser unha rexión, provincia ou concello)
- cámaras de comercio, asociacións de industria, artesanía, comercio
- organizacións sen ánimo de lucro/non gobernamentais e fundacións relacionadas co tema do proxecto
- Cada socio debe ter ou debe ter pedido con anterioridade un PIC no URF europeo (Unique Registration FAcility), no portal do participante.

Obxectivos do proxecto

O proxecto “Water-Sports and Wellness-Activities Ways” (W.W.W.) pretende crear un produto turístico sostible e transnacional ligado aos deportes acuáticos nas zonas rurais e de montaña. Entre os seus principais obxectivos tamén se inclúe a promoción do benestar e a mellora da calidade de vida mediante a realización de actividades ao aire libre. Os beneficiarios do proxecto serán: mozos, estudantes, familias, atletas, entrenadores, asociacións deportivas, operadores no eido do deporte, cidadáns discapacitados, o medio natural e o benestar.

Obxectivos específicos:

- Crear un produto turístico de longa duración e sostible, que
mellore a economía a nivel local

- Crear un produto turístico específico, cun itinerario físico e
virtual deseñado para diversificar a oferta turística

- Apoiar e reforzar os socios de pemes ao longo do proxecto

- Crear e reforzar a colaboración entre empresas privadas e órganos
públicos coa promoción do turismo

- Crear unha rede entre localidades cuxo vínculo sexan os deportes
acuáticos

- Crear unha conciencia entre cidadáns europeos, especialmente entre a
xuventude, sobre a importancia de respectar o medio ambiente e estimular
a poboación europea en canto á práctica de actividades no exterior para conseguir un benestar físico e mental.

Accións previstas

E un proxecto relacionado coa diversificación da oferta e dos productos turísticos no marco do programa europeo COSME.
As actividades consistirán en crear un turismo transnacional e sostible grazas a un producto turístico baseado en itinerarios entre distintas localidades europeas unidas polos deportes acuáticos.
O proxecto implica a creación dun turismo sostible e transnacional que cree un beneficio para os cidadáns europeos ao tempo que se lles ofrece unha maneira alternativa de facer turismo. O produto final será un itinerario turístico entre diferentes localidades europeas unidas polos deportes acuáticos. “WWW” é un produto turístico que se desenvolve en áreas rurais e montañosas de Europa caracterizadas polos seus ríos, canais e lagos e nas que é posible practicar deportes ao aire libre.

Prazo para a presentación de propostas

7 agosto 2014

Información e punto de contacto

Contacto:
Ms Irene Falocco, EU policy expert
Tel : (+39) 0744 220853
Email : eu.calls@mindsrl.it

Ms Giulia De Santis, external consultant
Tel : (+39) 388.3206074
Email : giulia@dreavel.com

Material Relacionado

[26/01/2017] Información do proxecto (566 Kb)
[26/01/2017] Información do solicitante (380,48 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante