Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 25/06/2014  ] Novos empresarios en movemento (YEIM- Young Entrepreneurs In Motion)

Programa

COSME

Convocatoria

Convocatoria de propostas Rede de organizacións intermediarias - Erasmus Mozos Emprendedores - COS-WP2014-4-05

Solicitantes

Local Europe

Destinatarios

O consorcio do proxecto estará composto por 8 entidades de polo menos 4 países que participen no programa Erasmus Mozos Emprendedores.

O socio principal é unha Cámara de Comercio de España.

Cabe destacar que se exclúe a participación dun socio en máis dunha proposta. Ademais, as candidaturas de Italia non serán tidas en consideración para participar neste proxecto.

Prevese a participación de 3 tipos de socios:

1. Empresarios de acollida. Necesítanse 2 socios.
2. Mozos emprendedores: Requírense 3 socios.
3. Entidades públicas a nivel rexional responsables ou activas nas áreas relativas a asuntos económicos, empresa, apoio ás empresas ou cuestións afíns. Estas entidades traballarán principalmente na promoción do programa Erasmus Mozos Emprendedores. Necesítanse 2 socios.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo do proxecto é axudar aos novos empresarios europeos, especialmente os que traballan no sector das TIC (que proporcionan servizos / produtos para outras pemes) ou teñen intención de facelo, para complementar o seu coñecemento e experiencia a través das oportunidades de aprendizaxe que ofrece a mobilidade e o traballo en rede.

Accións previstas

Durante o período de execución do proxecto, 18 meses, poñeranse en marcha as seguintes actividades:

1. Promoción do programa Erasmus Mozos Emprendedores: a proposta expoñerá as bases da estratexia de difusión do programa.
2. Inscrición dos emprendedores: a proposta describirá unha metodoloxía integral e coherente sobre a inscrición dos participantes no programa.
3. Avaliación das solicitudes dos mozos emprendedores e dos empresarios de acollida: a metodoloxía complementarase cunha sección específica dedicada a explicar o xeito no que o proxecto verificará a calidade e garantirá a admisibilidade das solicitudes, así como a forma en que se levarán a cabo as avaliacións sobre o seu interese.
4. Construción de relacións: a proposta describirá como os socios planificarán de forma proactiva a identificación de socios, de contactos de apoio e de relacións de seguimento, antes e durante a estancia no estranxeiro.
5. Preparación e seguimento dos intercambios: a proposta esbozará o contido dun curso de iniciación previo á saída.
6. Xestión dos convenios de subvención, os compromisos e a asistencia financeira.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 04/07/2014

Información e punto de contacto

As entidades interesadas deben enviar a súa solicitude para participar no proxecto explicando que tipo de socio queren ser (1, 2 ou 3), xunto co CV europeo (e o número PIC) á seguinte dirección de correo electrónico: igomez@localeurope.net ou cmartinez@localeurope.net

Contacto

Local Europe
Gran Vía Marqués del Turia, 39, 3º piso, puerta 7, 46005, Valencia,
España.
Teléfono: 0034 963295999
Fax: 0034 963296689

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (565,31 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante