Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 21/07/2017  ] Xestión compartida para a adaptación climática do medio rural andaluz / Andalucía (España)

A Xunta de Andalucía busca outras rexións rurais europeas con desafíos climáticos para implementar un proxecto de adaptación climática con medidas como un programa de boas prácticas, un sistema de gobernabilidade ou un plan de transferencia para fomentar a innovación territorial.

Programa

LIFE (2014-2020)

Convocatoria

Convocatoria de propostas de subvencións para o programa LIFE

Solicitantes

Xunta de Andalucía

Destinatarios

Outras rexións rurais europeas, en particular aquelas mediterráneas con territorios clasificados baixo un réxime de protección natural (por exemplo, Natura 2000) e que estean a experimentar tamén os problemas derivados do aumento da aridez na zona.

Obxectivos do proxecto

Combater o cambio climático mediante accións de adaptación das zonas naturais e agrícolas para garantir a prestación de servizos ecosistémicos.

Accións previstas

Creación dun programa de Boas Prácticas con medidas para a adaptación ao cambio climático.
A implantación dun Sistema de Gobernabilidade que garanta a participación coordinada de todos os actores sociais do territorio e o seu compromiso de continuar traballando unha vez finalizado o proxecto.
Creación dun Plan de Transferencia que ten como obxectivo promover unha contorna de innovación territorial que beneficie aos agricultores locais e reproduza os resultados noutras zonas rurais europeas.

Prazo para a presentación de propostas

Data límite para a presentación de propostas: 20 de septembro de 2017.

Información e punto de contacto

Mrs. Esperanza Perea Acosta
esperanza.perea.acosta@juntadeandalucia.es
internacional.viceconsejeria.capder@juntadeandalucia.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante