Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
[ 19/02/2015 ] Dinis e Isabel - Un conto de primaveira
COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA: ESPAÑA - PORTUGAL
Câmara Municipal de Leiria, Câmara Municipal de Coimbra, Direção Regional de Cultura do Centro, Embaixada de Espanha em Portugal, Grupo Parras.
Entidades públicas ou privadas ligadas ao património e a cultura ou con intereses nesas áreas. Os socios deben proceder das seguintes rexións: Região Centro (Pt), Zaragoza (ES), Barcelona (ES), Galicia (ES).
“Dinis e Isabel, un conto de primaveira” texto de António Patrício e escenografía de Tobias Monteiro, realizarase no Castelo da cidade de Leiria, e no Convento de Santa Clara a Vella, en Coimbra. Pretende ser un intercambio multidisciplinar entre o teatro e o cinema: a primeira parte, como película (grabado no Convento e No Castelo) e a segunda parte, en vivo, no Castelo de Leiria e no Convento de Coimbra.
Ten como obxectivo promover o valor da cultura e dos equipamentos culturais de interese histórico e turístico aliado ás artes do espectáculo e aos intercambios disciplinares.
A programación deste evento centrarase no teatro de lingua portuguesa con un forte componente histórico, cunha perspectiva de fomento da memoria viva.
Desafiarase o público de Leiria e de Coimbra, así coma a todo o país, a coñecer a calidade do traballo artístico desenvolvido especificamente para estes dous locais.
Porase en diálogo e en xogo esta conxunción a través da man dos artistas, traendo e mostrando nos seus universos propios: un rei portugués (D. Dinis, interpretado por Filipe Duarte, actor portugués) e una raíña de orixe española (Isabel de Aragón, a Raíña Santa, interpretada por Nuria Mencía, actriz española) contan a historia da lenda do famoso Miragre das Rosas.
Kind of Black Box, Associação Cultural
Rita Lima
Tel: +351 963 661 601
producao@kindofblackbox.com
Rua Carlos Ribeiro Nº9 R/Ch Esq
C.P: 1170-076
Lisboa