Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 09/06/2015  ] Nenos na cidade: mellorar a saúde, o benestar e as súas oportunidades

Programa

URBACT II

Convocatoria

URBACT II - Convocatoria para a creación de redes temáticas

Solicitantes

South Dublin County Council & Childhood Development Initiative.

Destinatarios

Búscase socios do sector municipal ou da sociedade civil con competencias para mellorar a calidade de vida e o benestar dos nenos que crecen nos centros urbanos europeos.

Obxectivos do proxecto

O principal tema político que debe ser abordado no contexto da inclusión social é o incremento da calidade de vida dos nenos na cidade. Este foco nos nenos fíxase como resposta ás crecentes taxas de pobreza infantil nos últimos anos. O número de nenos que viven en permanente pobreza -isto é, que viven en risco de pobreza e experimentando privacións- duplicouse e pasou do 6% ao 12% entre 2008 e 2013 (CSO, 2015).


O proxecto busca identificar maneiras innovadoras de reducir a pobreza infantil e mellorar a inclusión social para aqueles que crecen en distritos urbanos deprimidos. A énfase ponse nos nenos dado que se considera que unha intervención temperá pode facer unha gran diferenza nas oportunidades da súa vida, a súa saúde e o seu benestar.

Accións previstas

A idea do proxecto é capitalizar a investigación xa existente, realizada polo Childhood Development Iniciative in West Tallaght, un barrio dentro dos límites do Condado de South Dublin. O socio está disposto a compartir o aprendido dun conxunto de estudos baseados na evidencia empírica, levados a cabo na localidade durante os últimos anos, e a aprender doutros sobre intervencións e iniciativas que poidan mellorar a calidade de vida dos nenos. Entre o tipo de iniciativas que se exploraron e das cales se quere aprender máis nun contexto aplicado e comparado son:


  • Iniciativas de seguridade.


  • A utilización de prácticas restaurativas en contextos escolares e comunitarios.


  • Modelos para xerar un pensamento conxunto sobre intervención infancia temperá dende postnatal ata os 3 anos.

Información e punto de contacto

South Dublin County Council & Childhood Development Initiative
South Dublin County
Ireland
Prof. Mary Corcoran
mary.Corcoran@nuim.ie

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante