Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 02/06/2015  ] Infraestructuras críticas e seguridade na planificación urbana.

Programa

URBACT II

Convocatoria

URBACT II - Convocatoria para a creación de redes temáticas

Solicitantes

Concello de Esterreja

Destinatarios

Búscase 4 cidades de tamaño medio (entre 100.000 e 350.000 habitantes) con infraestruturas críticas (plantas nucleares, residuos tóxicos, reservas de auga, etc.) dentro do perímetro da cidade e con preocupacións con obxectivos de seguridade leves. Entre os socios confirmados inclúense Portugal, Chipre, Italia e Croacia.

Obxectivos do proxecto

Varias cidades europeas albergan infraestruturas críticas que, á vez que xogan un rol fundamental nas economías locais, tamén supoñen un risco importante en caso de accidente, é o caso de plantas nucleares, químicas, industrias petroquímicas, reservas, etc. A política urbana define a seguridade e esta, cada vez máis, orienta a política urbana, pero estes mecanismos seguen sen ser comprendidos e os diferentes campos da acción pública están pouco relacionados.


A experiencia previa en tratar con outros grandes temas como epidemias, incendios e seguridade vial, mostran que a solución aos problemas de seguridade está sempre na planificación e o deseño (intelixente) de políticas, preferentemente involucrando as partes directamente afectadas.


O presente proxecto URBACT quere aplicar o mesmo concepto á seguridade e a prevención de riscos das infraestruturas críticas. Compartir boas prácticas entre cidades no tema da seguridade e a prevención de risco na planificación urbana, así como contribuír ao deseño de cidades máis seguras e agradables nas que vivir.

Accións previstas

Búscase construír unha rede de cidades que enfronten temas de seguridade e infraestruturas críticas e que traballen xuntas para dar con solucións innovadoras que rematen por mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Un municipio portugués foi confirmado como líder do proxecto.

Información e punto de contacto

Esterreja
Portugal
Vilja Anttila
vilja.anttila@inovamais.pt

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante