Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 09/06/2015  ] Desenvolvemento sostible das áreas comerciais degradadas

Actualmente, Braga ten numerosas áreas industriais ou comerciais abandonadas. A rexeneración urbana debe incluír estas áreas cun enorme potencial que vén da súa situación, o valor das infraestruturas xa dispoñibles e de todo o investimento pública e privada xa realizado. O proxecto busca traballar no territorio, empezando polas actividades económicas que o desenvolven, sexan de carácter industrial ou comercial, creando estratexias de inclusión nestas áreas polas dinámicas urbanas.

Programa

URBACT II

Convocatoria

Segunda convocatoria de URBACT II

Solicitantes

Câmara Municipal de Braga.

Destinatarios

Cidades con áreas empresariais e industriais que compartan o mesmo problema ou que se constituísen como un referente neste tema.

Obxectivos do proxecto

Tras discutir a importancia do compoñente de rexeneración económica dos espazos xa citados pola existencia de varios centros comerciais de primeira xeración, onde é necesaria unha intervención urxente e repensar un novo modelo económico de viabilidade asociado coa rehabilitación arquitectónica. Agora inténtase introducir na discusión pública posibles estratexias de revitalización dos equipamentos, identificar o seu potencial, analizar as súas posibilidades para novos usos, axustarse a novos modelos de consumo e desenvolver potenciais novos modelos de investimento. Por outra parte, a renovación de antigas zonas industriais, busca crear mellores condicións para captar investimento, mediante a adaptación de espazos existentes ás necesidades das empresas no século XXI. Búscase tamén dotar a estes territorios de elementos urbanos e infraestruturas que os conecten coa lóxica circundante:


  • Mobilidade que combine a necesidade de transportar grandes volumes con acceso a modos lixeiros de transporte.


  • Equipamento de apoio para as actividades.


  • Zonas verdes integradas e espazos públicos de alta calidade.


  • Modelos de goberno vantaxosos para empresarios.


Ademais, existen edificios industriais con valor arquitectónico e patrimonial que requiren establecer estratexias de rehabilitación debatendo os usos que asignarlles.


Accións previstas

O proxecto busca:


  • Fomentar as melloras do ámbito urbano, mediante o fortalecemento da urbanidade e o atractivo das cidades, a través da rexeneración das instalacións industriais e comerciais baleiras, abandonadas ou escasamente ocupadas.


  • Discutir posibilidades de intervención en espazos comerciais ou industriais baleiros ou obsoletos.


  • Encontrar modelos sostibles das propiedades comerciais.


  • Coñecer boas prácticas de resolución neste tema.


Información e punto de contacto

Câmara Municipal de Braga
Braga
Portugal
Miguel Bandeira
miguel.bandeira@cm-braga.pt

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante