Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 04/06/2015  ] Segunda oportunidade/ 2C

Moitas cidades posúen grandes edificios e complexos de edificios que perderon a súa finalidade orixinal e se encontran en estado de abandono e descomposición. A miúdo, estes edificios non están a ser utilizados ou son infrautilizados durante anos, dado que son moi grandes e custosos de reestruturar para un só investidor. Isto deriva nun empeoramento do estado do edificio, ata o punto que constitúe un perigo para a seguridade e un elemento que afea a cidade.


En vista dos ciclos de utilización cada vez máis pequenos, a tarefa de ”espertar” estes xigantes durmidos é dunha inmensa importancia e supón unha oportunidade para promover o desenvolvemento urbano sostible.

Programa

URBACT II

Convocatoria

Segunda convocatoria de URBACT II

Solicitantes

Concello de Nápoles.

Destinatarios

Os retos dos socios deberían estar ligados aos Plans de Acción Local enfocados en como e o uso dos edificios e complexos de edificios abandonados representa unha oportunidade para solucionar problemas e desafíos.

Obxectivos do proxecto

Estes grandes edificios e complexos ofrecen unha oportunidade para o desenvolvemento da cidade e os barrios dunha forma sostible. Así, poderían utilizarse para dar resposta á necesidade de espazos sociais, para actividades económicas, como espazos para grupos e actividades veciñais, para a industria cultural, para start-ups, etc.


É máis, a miúdo trátase de puntos de referencia e emblemáticos que teñen un gran potencial para a urbanización dos barrios e a galvanización dos actores. A súa revitalización pode abrir un camiño para o uso responsable do espazo e a enerxía, utilizando a enerxía gris do edificio, en lugar de construír un novo edificio.


Estes edificios ou complexos proporcionan espazo para probar novos enfoques, estratexias e solucións para unha cidade sostible preparada para embarcarse no futuro. Isto inclúe crear un espazo habitable que sexa economicamente viable no longo prazo, á vez que se aborde o cambio climático, un cambio radical na política enerxética e os desafíos da cultura arquitectónica.


Tamén supón organizar, dun xeito intelixente, o desenvolvemento estrutural, o desenvolvemento de espazos libres, dos ciclos materiais e a optimización do uso do espazo limitado para toda a sociedade.


Finalmente, tamén busca dar espazo a unha sociedade diversa e ás necesidades e desexos dun rol máis activo por parte dunha crecente porción da poboación urbana.

Accións previstas

O obxectivo da rede será o de buscar e probar novos procesos de calidade e métodos de planificación para revivir estes complexos, para reutilizalos e rehabilitalos. O foco estará en desenvolver un plan de acción local sobre como grandes edificios abandonas poden ser revitalizados en colaboración coa comunidade e para beneficio desta, como facelo paso a paso ou como podería establecerse a cooperación entre os propietarios privados e a comunidade.


A rede estará dedicada a desenvolver unha maior organización e modelos de financiamento para converter os actores locais en revitalizadores dos devanditos edificios e para fortalecer o potencial de innovación local.


As novas experiencias bottom-up nas cidades, a nivel político e administrativo, en bens públicos poden ser outra ferramenta útil para o renacer destes edificios.

Información e punto de contacto

Ayuntamiento de Nápoles
Nápoles
Italia
Gaetano Mollura
gaetano.mollura@comune.napoli.it

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante