Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 03/06/2015  ] MIGRAR: O impacto do desplazamento en rexións rurais e urbáns no emprego e a mobilidade laboral.

Programa

URBACT II

Convocatoria

Segunda convocatoria de URBACT II

Solicitantes

O socio principal é o concello de Idanha a Nova en Portugal.

Destinatarios

Búscase cidades de tamaño medio para unirse ao consorcio encabeza por Idanha a Nova. Prégase especificar na mensaxe a traxectoria da cidade en relación co tema do proxecto.

Obxectivos do proxecto

O proxecto Migrar busca redefinir as cidades e as áreas rurais de forma que sexan ambientalmente sostibles, socialmente xustas e economicamente competitivas para facelas máis habitables. A habitabilidade das cidades é esencial para mellorar a identidade e os valores da cidade, facéndoa máis atractiva para os seus habitantes, visitantes, talentos, así como a negocios, desenvolvedores e investidores.

Accións previstas

O socio principal, o concello de Idanha a Nova en Portugal, ten un programa chamado ”Migra para Idanha”, que busca atraer xente para traballar, estudar e vivir na rexión. O programa explora os 3 piares do concepto de Cidades Habitables:

  • Resiliencia.


  • Inclusión e autenticidade.


  • Facilitar o acceso ao emprego, o emprendedurismo e a mobilidade laboral.

Información e punto de contacto

Vilja Anttila
Idanha-a-Nova
Portugal
Vilja Anttila

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante