Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 02/06/2015  ] Accesibilidade urbán dende unha aproximación holística.

Nos últimos anos, converteuse nunha prioridade, en relación á accesibilidade, deseñar e consolidar accións que beneficien a persoas minusválidas considerando todos os factores e necesidades para garantir unha plena inclusión social e mellorar a súa calidade de vida.

Programa

URBACT II

Convocatoria

Segunda convocatoria de URBACT II

Solicitantes

Concello de Burgos.

Destinatarios

Búscanse cidades europeas comprometidas co tema da accesibilidade e dispostas a desenvolver/deseñar un Plan de Acción sobre accesibilidade (ou revisar o xa existente) de acordo coa metodoloxía participativa de URBACT, creando un grupo local de apoio e involucrando especialmente persoas con minusvalideces.

Obxectivos do proxecto

O liderado das organizacións de discapacitados, asociacións cohesionar e innovadoras, xoga un rol activo nas súas tarefas institucionais. Alcanzáronse varios éxitos, non obstante, quedan pendentes varios problemas e retos nas áreas urbanas:


  • Falta dunha aproximación holística


  • Sectores claves con potencial para desenvolver: turismo, comercio, etc.


  • Necesidade dunha aproximación participativa na toma de decisións (na práctica).

Accións previstas

Tendo isto en conta, a cidade de Burgos desexa liderar unha proposta que trate o tema da accesibilidade nas cidades, cubrindo os 4 piares identificados a nivel europeo:


  • Accesibilidade ao ámbito edilicio e espazos públicos.


  • Accesibilidade ao transporte e infraestruturas relacionadas.


  • Accesibilidade á información e a comunicación, incluíndo as tecnoloxías da información e a comunicación.


  • Accesibilidade a instalacións e servizos públicos.

Información e punto de contacto

Burgos
España
Rocio Rojo
tecnico@burgosciudad21.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante