Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 02/06/2015  ] Desenvolver unha economía do turismo

Os destinos turísticos exitosos son aqueles que ofrecen experiencias distintas e de calidade e as cidades necesitan ser capaces de diferenciarse de xeito claro nun mercado moi competitivo. Polo tanto, o principal reto deste proxecto recae en como a economía do turismo dunha pequena cidade pode ser desenvolvida dun xeito sostible en todo o seu potencial, a través da adaptación e a mellora das estruturas físicas da cidade, e iniciando cambios no comportamento da xente.

Programa

URBACT II

Convocatoria

Segunda convocatoria de URBACT II

Solicitantes

Concello de Durham

Destinatarios

Cidades pequenas e históricas que busquen involucrar os actores locais en desenvolver de xeito sostible a súa economía do turismo, especialmente aqueles con potencial para o turismo de ribeira. Búscase socios dunha mestura de rexións desenvolvidas e menos desenvolvidas dentro do programa URBACT.

Obxectivos do proxecto

O proxecto inclúe explorar como desenvolver e promover espazos públicos de calidade e construír ámbitos; como protexer e promover o patrimonio cultural e como desenvolver áreas verdes e acuáticas interconectadas para o ocio e a protección do biótopo.


Tamén determinará como desenvolver a cidade a través do compromiso efectivo, a consulta, participación e coordinación dunha ampla gama de partes interesadas, de modo que as súas ideas, aspiracións e accións sexan complementarias a unha estratexia ou plan turístico superior.


Este proxecto permitirá que cidades pequenas e históricas de Europa poñan en común e fortalezan un conxunto diverso de actores locais a traballar de xeito efectivo e conxunta para explorar como poden desenvolver mellor o turismo na súa cidade e o conseguinte desenvolvemento económico.

Accións previstas

Ás cidades intercambiarán boas prácticas, ideas, coñecemento e leccións aprendidas e usarán esta información para producir un plan de acción local apropiado para a súa cidade. Os resultados esperados son:


  • Intercambio de boas prácticas, leccións aprendidas e ideas e coñecemento.


  • Capacidade mellorada para promover ou desenvolvemento urbano nas cidades participantes.


  • Coñecemento de organizacional e sobre a comunidade e desenvolvemento.


  • Produción dun plan local por parte de cada cidade participante.

Información e punto de contacto

Durham
United Kingdom
Dorothy Gibson
dorothy.gibson@durham.gov.uk

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante