Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 16/10/2014  ] Procura de socios “Tour por ríos europeos”. Historia, natureza, cultura, economía –Convocatoria (127-G-ENT-PPA-14-7722)

Procura de socios para un programa de fomento de produtos turísticos culturais transnacionais, e de turismo e accesibilidade para todos co obxectivo de facilitar o descubrimento do patrimonio cultural e industrial de Europa ó longo do curso dos seus ríos.

Deste modo procurase desenvolver unha nova oferta turística, ampla e diversa; con diferentes tipos de itinerarios, actividades e experiencias que se poidan adaptar a calquera segmento da demanda e satisfacer necesidades diferentes cada vez máis específicas. O proxecto irá dirixido ao fomento do turista ”activo”.

A data límite para amosar interese é o 14 de outubro de 2014.

A duración do proxecto sería de 18 meses(dende o 1 de maio de 2015 ao 31 de outubro de 2016).

Programa

VARIOS

Convocatoria

Convocatoria de propostas ”Produtos transnacionais de turismo cultural e Turismo e accesibilidade para todos”.

Solicitantes

O coordinador do proxecto é Rete Europa 2020 (Italia).

Destinatarios

Neste proxecto inclúense todos os Estados Membros. O número de socios mínimo é de 5, sendo tamén 5 o número mínimo de diferentes países involucrados en dito proxecto. Do mesmo xeito, establécese como requisito que a asociación estea formada por mínimo 1 organismo público e 2 PEMES.
Concretamente, o perfil de socio sería:
• Autoridade gobernamental e os seus correspondentes redes/asociacións a nivel europeo.
• Organizacións internacionais, nacionais, rexionais, locais ou outro tipo de organización que actúe en nome dunha autoridade pública gobernamental.
• Centros de formación, institucións educativas, provedores de formación en materia de turismo ou centros de investigación.
• Organizacións de xestión de destinos e as súas redes/asociacións.
• Axencias de viaxe e operadores turísticos e as súas asociacións.
• Cámaras de comercio e industria e artesanía ou organismos similares e as súas
asociacións paraugas.
• Organizacións sen ánimo de lucro / ONG, organizacións da sociedade civil.
• Asociacións internacionais, nacionais e europeas activas no turismo e sectores relacionados.
• Entidades públicas e privadas (PEMES, etc.)

Obxectivos do proxecto

• Obxectivos estratéxicos:
o Manter o deseño de estratexias para o turismo.
o Promover o turismo nas rexións en crise ou de transformación, co fin de aumentar o emprego e o seu crecemento.
o Facilitar o intercambio das mellores prácticas, desenvolver redes e plataformas para o debate entre os responsables políticos e o sector privado no eido do turismo cultural e industrial.
o Facilitar e fomentar as asociacións público-privadas e a integración das empresas do sector do turismo cultural e industrial dentro das estratexias rexionais de desenvolvemento.
o Mellorar a calidade do turismo europeo mediante o fortalecemento transfronteirizo da cooperación.
o Fortalecer a capacidade de xestión dos organismos públicos e entidades privadas no desenvolvemento de produtos turísticos específicos.

• Obxectivos específicos:
o Crear as condicións para a creación dun novo e transnacional tour europeo.
o Crear un produto turístico europeo que se caracterice por un forte atractivo potencial a través da identificación dun novo itinerario que conecte a parte norte e sur de Europa, seguindo o río para descubrir a cultura e industria.
o Analizar o elemento ”auga” a través das súas oportunidades e cuestións fundamentais para construír unha nova oferta turística baseada na emoción e a experiencia, capaz de ”contar” a historia de Europa, ao longo das beiras dos ríos europeos.
o Mellorar e promover as áreas culturais, industriais e post-industriais no presente e nos territorios europeos que estaban, están e/ou estarán fortemente influenciados polo elemento ”auga”, e que teñen unha relación moi dependente del.
o Redescubrir a riqueza dos sistemas territoriais, parques e áreas de río de Europa a través dun emocionante viaxe que segue a historia, a cultura, a sociedade, a arquitectura, a industria e a economía.
o Crear as condiciones para o desenvolvemento dunha rede de partes interesadas públicas e privadas na construción do proxecto de desenvolvemento e cooperación para o intercambio de ideas, experiencias e boas prácticas.

Prazo para a presentación de propostas

21 de outubro de 2014 ás 17:00 h.

Información e punto de contacto

• Europe Network 2020: Reteeuropa2020@gmail.com
• Irene Falocco: eucalls@mindsrl.it. (Rete Europa 2020)
• Máis información sobre o programa COSME: http://www.programasue.info/ficha.asp?Id=&Id_f=416

Esta convocatoria pertence á Convocatoria (127-G-ENT-PPA-14-7722): Produtos turísticos culturais transnacionais e Turismo e accesibilidade para todos.

Tema 1: Proxectos de cooperación para apoiar o turismo transnacional baseado no patrimonio cultural e industrial.

http://programasue.info/documentos/2014-ReteEuropa2020-10.pdf

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (145,11 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante