Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 15/10/2013  ] Turismo accesible – ITREMurcia

Programa

VARIOS

Convocatoria

Convocatoria para o deseño, implementación, promoción e comercialización dos Itinerarios Turismo Accesible - Turismo

Solicitantes

Instituto de Turismo da Rexión de Murcia, España (ITREM).

Destinatarios

Pemes e entidades públicas con competencias en turismo, sitas nun estado membro da UE. Cada proxecto deberá contar cun consorcio formado por polo menos catro pemes do sector turístico e unha entidade pública.

Obxectivos do proxecto

- Promover a adaptación dos produtos e servizos turísticos ás necesidades das persoas con necesidades especiais de acceso.
- Promover a igualdade de oportunidades e a inclusión social das persoas con necesidades especiais de acceso
- Mellorar as habilidades e formación en relación á accesibilidade na oferta turística.
- Axudar á integración da accesibilidade en todos os segmentos da cadea produtiva do turismo, creando á vez unha cadea ininterrompida de accesibilidade no turismo
- Promover, comercializar e dar a coñecer as boas prácticas en turismo accesible.
- Prestar apoio e orientación adecuada para as pemes.
- Mellorar a calidade e diversificar a oferta de de turismo accesible en Europa.

Accións previstas

O ITREM busca participar nun consorcio con vistas a presentar un proxecto á convocatoria 102/G/ENT/PPA/13/511, para incrementar a demanda e contribuír indirectamente a mellorar a calidade dos produtos e servizos para as persoas con necesidades especiais de accesibilidade nos destinos durante a tempada baixa.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 22 de outubro de 2013.

Información e punto de contacto

Ms. Mar García Gallego
Departamento de promoción turística
E-mail: mmar.garcia5@carm.es
Tlfno: +34 968 357 728
Web: www.murciaturistica.es

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura socios Murcia (46,74 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante