Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 10/04/2013  ] O papel da rehabilitación cardiovascular no fogar de cara a prevención secundaria das enfermidades cardiovasculares.Programa Marco para a Competitividade e a Innovación (CIP).

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Convocatoria

FP7-ICT-2013-11 - Convocatoria de Propostas - TIC (Convocatoria 11)

Solicitantes

Concello de Veneto, Italia.

Destinatarios

O partenariado incluirá entidades legalmente independentes pertencentes a lo menos a catro Estados Membros da UE ou a países asociados o Programa Marco para a Innovación e a Competitividade:
1. Autoridades sanitarias locais e rexionais.
2. Hospitais públicos e privados.
3. Entidades privadas inmersas no ámbito sanitario.

Obxectivos do proxecto

Procura de socios para a atención integral dos pacientes anciáns co fin prioritario de prevención e rehabilitación de enfermidades cardiovasculares a través dun sistema de telemonitorización dos datos dos pacientes. A acción anterior terá como consecuencia medir a adherencia, a seguridade e a eficacia do exercicio físico prescrito, coa posterior actuación dos especialistas no caso de alteración dos datos ó realizar a actividade física.

Accións previstas

O proxecto propón as seguintes actividades dentro do grupo destinatario do mesmo, a saber: pacientes anciáns con idades superiores ós 70 años e con problemáticas cardiovasculares. Accións tipo a desenvolver:
1. Un sistema de telemonitorización dos datos dos pacientes durante a práctica do exercicio físico en instalacións deportivas ou de maneira individual no ámbito familiar.
2. Participación de instrutores graduados nas instalacións deportivas e de membros da familia do paciente.
3. Integrar os datos recollidos de maneira electrónica nos rexistros médicos ambulatorios pertinentes.

Prazo para a presentación de propostas

Prazo para manifestar interese polo proxecto: ata o 14 de maio de 2013
Prazo da convocatoria: ata o 14 de maio de 2013

Información e punto de contacto

Ms. Federica Rosin.
Sección de Proyectos Internacionales
Tel: +39 041 5133850
Mob: +39 335 8432918
Fax: +39 041 5100732
E-mail: federica.rosin@ulss13mirano.ven.it

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de Socios (59,71 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante