Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 10/07/2012  ] Grupo de Reflexión Enerxía UE

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Convocatoria

FP7-ENERGY-2013-2 - Convocatoria de Propuestas - Energía (Parte 2)

Solicitantes

Acción Nacional de Enerxía (ANE) - Reino Unido

Destinatarios

Deberá posuír unha boa traxectoria no asesoramento político, incluíndo universidades, centros de investigación e organizacións industriais representativas.

Obxectivos do proxecto

A política enerxética da UE formula desafíos intelectuais novos, en concreto, a necesidade de desenvolver un enfoque multidisciplinario a temas que están cada vez mais interconectados. Novos enfoques e un cambio de paradigma no sistema enerxético é necesario. Os aspectos ambientais, económicos, técnicos, mercantís e legais cómpre telos en conta urxentemente. Así mesmo, novos enfoques multidisciplinarios serán necesarios en referencia á eficiencia enerxética, o Mercado Enerxético Interior, e o almacenamento de petróleo e gas.

O Grupo de Reflexión contribuirá a mellorar a habilidade europea para desenvolver propiamente estes temas en termos de investigación política. Isto debería reunir aos principais expertos europeos no eido enerxético, económico, legal, mercantil e enxeñería e expertos da industria, para apoiar o rápido desenvolvemento da política comunitaria aportando a súa contribución a avaliación do potencial impacto das alternativas e opcións políticas.

Accións previstas

O “Grupo de Reflexión” traballará sobre a base dun plan de traballo anual que se anticipa e corresponde coa axenda política; isto podería contar co apoio dunha rede de organizacións de investigación de política enerxética que analizará as cuestións sometidas, prepararse para estimular o debate do grupo de reflexión e así permitir a súas ideas e perspectivas. Seleccionaranse uns poucos temas dos cales elaborarase un informe por parte do grupo de reflexión, analizando as alternativas políticas, en base a un abano de criterios preseleccionados, que en cada caso incluirán polo menos a sustentabilidade, a seguridade do subministro e a competitividade. O grupo de expertos poderá expandir as súas bases de consulta vía Internet a unha comunidade máis ampla. O grupo de reflexión traballará en estreita colaboración coa Comisión de Sistemas da Información e Tecnoloxías Enerxéticas Estratéxicas tanto como sexa necesario. Os temas a desenvolver están en relación coa política enerxética, especialmente coa política tecnolóxica enerxética. O grupo de reflexión tamén considerará as achegas dos grupos asesores para os asuntos tecnolóxicos.

Información e punto de contacto

Email: Joanna.allan@nea.org.uk
Tel. 0044 191 269 2900)

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (236,24 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante