Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 22/08/2013  ] Procura de socios da municipalidade holandesa de Goes para o proxecto My Footprint Zero –D.E.A.R.- NSA

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento

Solicitantes

Autoridade local de Goes

Destinatarios

Autoridades locales europeas

Obxectivos do proxecto

En 2013/14 Goes procura participar no proxecto My Footprint Zero no marco da convocatoria “DEAR”, que abre en outubro de 2013 e cuxa data límite para a presentación de notas conceptuais é o último cuarto de 2014.

As autoridades locais son, de manera crecente, actores importantes no incremento da concienciación pública en cuestións ligadas ao desenvolvemento. Como actores políticos e en función das súas competencias, as autoridades locais poden estar encargadas, xunto con outros actores, de materias como o desenvolvemento, a protección e a educación medioambiental. As súas actividades poden promover cambios nas políticas e nas actitudes dos cidadáns que poden incluso influenciar as políticas nacionais.

O proxecto My Footprint Zero ten o obxectivo global de mobilizar o maior apoio posible respecto aos compromisos e políticas en materia de desenvolvemento internacional, a través das comunidades locais dos municipios involucrados.

Accións previstas

As actividades principais do proxecto “My footprint zero” son:
- Educar e proporcionar unha formación práctica aos mozos e mozas en cuestións cuxa repercusión é global e nos problemas ecolóxicos relacionados;
- axudar aos mozos e mozas a organizar actividades que repercutan directamente na reducción da súa pegada ecolóxica, así como nas actividades que consigan un maior apoio entre as municipalidades encargadas dos proyectos “My footprint zero”;
- animar aos mozos e mozas a que conecten as actividades desenvolvidas con iniciativas online, redes sociais e coa web www.myfootprintzero.eu;
- publicación de materiais educativos.

Información e punto de contacto

Maarten Dobbelaer Msc.
Asesor politico do municipio de Goes, Zeeland (Países Baixos)
E-mail: m.dobbelaer@goes.nl
Tel.: +31 113 24 98 87

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (38,68 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante